"Apertas e abrazos gratis" na Coruña

Remitennos unha mensaxe anunciándonos un acto para o vindeiro 27 de xaneiro na Coruña co lema "apertas e abrazos gratis", unha iniciativa que xa se desenvolveu noutras cidades do planeta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/01/2007 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

O día 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco reunirémonos todos, e a partir de ahí decidiremos probablemente repartirnos en pequenos grupos por diferentes zonas cercanas (ou non, dependerá de cantos sexamos). Acudide preferiblemente cun cartel (con ou sen mango) que diga "Apertas Gratis", "Abrazos Gratis" ou lema similar que desexedes, a falta diso pódese apañar un folio ou unha cartulina.

Somos xa un grupiño de xente que queremos levar a cabo esta acción, como xerme para posteriores quedadas similares que cada quen faga pola súa conta se quere. Non é fundamental que acuda pouca ou moita xente, pero creo que sí sería interesante que houbese unha primeira vez o máis masiva posible. Por iso, estou promocionando un pouquiño pola rede e por outros medios.

Espero a túa resposta e se che parece ben que tamén axudes (correo, blog ou como che pareza) a difundir a acción".

Máis información en: aquí e aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 RjLFHlxPstunRHMBQOo