O enfrentamento entre Vicepresidencia e a Consellería da Presidencia

O pasado xoves tivo lugar en dependencias de San Caetano unha discusión protagonizada polo secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, e o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/02/2007 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

"Gustaríame comentarvos un altercado do que fun testigo o xoves pasado na xunta, a cargo do Ilustrísimo Antonio Losada.

Estaba un currito onde están os xardins interiores, perto de onde se celebran os Consellos de Goberno, quitando uns rótulos que o S.X. de Vicepresidencia mandara poñer o día anterior, onde aparecía reflectida a estampa en grandes letras de Vicepresidencia.

Pero resulta que nas dependencias hai uns despachos que pertencen á Subdirección Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia (Romeu).

Enton Losada acercase ao traballador, que esta subido a unhas escaleiras e lle pregunta que está a facer (estaba rascando o rótulo) e que quen lle mandara. O individuo sinala abaixo e di: "foron estos".

Recoñecín ao Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia, e creo que estaba cun xefe de servizo.

Nese momento Antonio Losada empeza a BERRAR, completamente encolerizado, dicindo frase do sentido de "Usted non sabe con quen está falando.."

Insulta, berra e manda chamar ao comisario da Xunta. Cando chega o Policía, dille: "DETENGA A ESTES DOUS!!!!", "FORA DA XUNTA".... etc, etc. Todo isto diante de bastante xente. O espectaculo foi lamentable, absolutamente reprochable".

O que se relata nesta mensaxe foi ratificado por varias persoas máis e por fontes da Presidencia da Xunta. Dende este departamento denuncian os xeitos de Antón Losada para cos traballadores da Xunta.

Tamén dende a consellería de Méndez Romeu criticaron o trato de Losada cara ós funcionarios e cara á propia Policía, o que provocou aintervención do propio conselleiro da Presidencia. Nembargantes, non quixeron confirmar se o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia chegou a presentar unha denuncia xudicial contra o secretario xeral da Vicepresidencia, que posteriormente retirou, tal e como sinalaron outras fontes a este medio

Por outra banda, dende a Vicepresidencia confirmaron que existiu un pequeno incidente debido o "exceso de celo" do departamento que dirixe Méndez Romeu. Segundo nos contaron, o malentendido xa foi totalmente aclarado e xurdiu porque a Consellería de Presidencia pretendía modificar os carteis da Vicepresidencia (incluindo da Igualdade e do Benestar), sen ter consultado antes con este departamento. En todo caso, puntualizaron que se tratou dun feito normal dentro das relacións que hai entre as distintas consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

43 Louzan

Tiñan razón aqueles que viron no desembarco de A. Losado no BNG unha reedicion do mencheviquismo

42 outro

Tamén ten que ver con falsificar actas de asambleas da CIG en Ourense??? Informate ben, maruxa e deixa de decir estupideces.

41 desde el jergón

CIG: Acceso diferenciado para os profesores interinos de secundaria; no a la policia autonómica!! (porque no quieren los polis locales); la construcción naval, a Sevilla, etc, etc...

A mí que me consoliden el postiño, lo adornamos de defensa de los servicios públicos, ale hop, despues que arda Troya...
(vaya mafia que sois, compañeiros)

...QUE NO CUELA "COMPAÑEIROS" QUE SOIS UN GREMIO DE INTERESES RECÍPROCOS, UN LOBBY, PAGADO CON DINERO, ÉSE SI, PÚBLICO.

40 ramon mercader

Maruxa, sí, moita combatividade no tema do consorcio do benestar, e depois...halehop!!! A única RPT que a CIG vota a favor é a de Vicepresidencia...negociada por Antonio Losada...HAI QUE FODERSE.
A saber o que pactastes por detrás para a vosa camarilla.

39 maruxainameiga

PARA OUTRO:
No titulo deste apartado, parecia que o tema era o rifirrafe protagonizado polo Sr. (o de sr. é un decir...)Losada polo gavado dos cristais das portas, polo acceso a un despacho en disputa e demais barrabasadas deste energúmeno que para colmo esta de Secretário Xeral dunha Conselleria que reza no seu título de IGUALDADE...para vergonza e escarnio de todas as traballadoras da Xunta, das militantes do BNG e das mulleres galegas en xeral...
Por eso, non entendo que pinta aqui ese comentario acerca do Sr. Canitrot, e do Consorcio...
O Sr. Canitrot é o Secretário Nacional da CIG Autonómica, as suas actuacións son en nome de toda a CIG Autonómica, e polo tanto, o da outra CIG, xa explicarás a que te refires... En canto ao Consorcio... O Sr. Canotrot, en nome da CIG (de toda, complete...) presentou unha demanda no xulgado denunciando a chanchullada do Consorcio, a adxudicación do posto de xerente ao sr. Lois Castrillo, as convocatorias de Director/a( neste caso xa tiña nome, é directora, e está ilegalmente e chanchullada...) e as de administrativos/as... O de estar liberado/a, é un chollo si é para coller vacacións permanentes, pero si é para traballar sindicalmente, vir de Ourense a Compostela a diario, non ter hora de regreso...atender o teléfono móbil a calquera hora, sábados, domingos, festivos... e non disfrutar das vacacións anuais a que todo/a traballador/a ten direito... pois non sei eu que "chollo" é estar liberado/a
A ver si curramos, en lugar de perder o tempo dicindo sandeces, mentiras e largando merda na rede, anónimamente, claro, con nome e apelidos non, que hai moito/a cagado/a e covarde...