Pode un 600 circular pola autovía? un accidente na autovía do Salnés que deu moito que falar...

"Non entendo tanta impresión, claro que pode circular, sempre pode circular", dinos, tallante, Norberto, presidente do Club Nacional SEAT 1430, 124, 124 Sport. A DGT expón que a única limitación para circular por autoestrada ou autovía dos vehículos históricos dáse se "non acadan os 60 quilómetros por hora".

  comenta   0

A Xunta queda sen fondos para as axudas de aluguer solicitadas en 2022

O delegado do Goberno insta á Xunta a completar as partidas con partidas propias.

  comenta   1

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

O anuncio de Alcoa para vender a factoría situada na Mariña luguesa chegou nun momento de posta en marcha das cubas, co compromiso de crear un forno de ánodos e proxectos eólicos no mar para subministrar enerxía. De súpeto, as intencións de vender por parte da multinacional norteamericana enfriou as posibilidades que abrían os acordos entre traballadores e empresa. Agora, 70.000 persoas en toda a cormarca esperan que en xuño alguén decida comprar a fábrica, mentres tanto, que futuro pode esperar á Mariña?

  comenta   2

Quéimase o carro
que foi andando o camiño
sen telo ollado.

CIG-Saúde concéntrase ante o Hospital Clínico de Santiago.. CIG / Europa Press
Sociedade
CIG- Saúde denuncia que as "infraestruturas inadecuadas" e os "cadros de persoal deficientes" poñen en risco a integridade física dos traballadores.
Unha narcolancha en Vilanova de Cerveira (Portugal). GNR PORTUGAL
Sociedade
O balance ata a data é de seis detidos, tres na provincia de Ourense e outros tres na provincia de Pontevedra.
A viñeta de López
Hermanager Humor
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante unha rolda de prensa / Agostime - Arquivo / Europa Press
Sociedade
Volve así a cesar a un funcionario municipal de habilitación nacional. A oposición sostén que se trata dunha manobra para tapar o "colapso orzamentario" do Concello.