Quin2006

TOURIÑO, "EL AMIGO DE LOS NIÑOS"- - Fíxense no entusiasmo de todos os rapaces con Touriño, mentres este vai de guai...- Trátase dun viaxe a Bruselas, no que se pagou a máis de 30 mozos Erasmus repartidos por toda Europa para que se fixeran a foto con Touriño - Aínda descoñecemos que caraio pintaba a muller de Touriño nesa viaxe e se a súa viaxe foi pagada con diñeiro da Xunta, é dicir, co diñeiro de todos os galegos(Préme na imaxe para vela en grande)

¡¡¿¿BIEITO LOBEIRA=JOSU TERNERA??!! O VÍDEO DE BIEITO- http://www.youtube.com/watch?v=5ULPFI0aoBU

CARTEL ELECTORAL DO BIPARTITO- Preme na imaxe para vela en grande (...a imaxe!!!!)

STRIPTEASE NEURONAL DE TOURIÑO- Preme na imaxe para vela en grande (a imaxe, referímonos á imaxe...)

O DEDAZO DE ANXO QUINTANA PARA COLOCAR AOS SEUS ASESORES- Adivina, adivinanza...quen ten a praza do Consorcio na panza????? De asesor en asesor e tiro porque me toca.Segundo o último boletín da CIG (sindicato afin ao BNG) a Vicepresidencia "comenza a creación de chiringuitos diversos" e o último "de máis recente creación, chámase Consorico de Benestar Social, ten a sede nun piso de Santiago de Compostela, ten estatutos, pero non aparece publicado no DOG algún, que se saiba"."Acaba de sacar unha convocatoria de persoal por medio de un anuncio na prensa, para Xerente, Directora de area d Benestar e Administrativos/as, é tal a desfachatez da devandita convocatario, que o xerente xa está no despacho, e todo o mundo sabe xa quen son as persoas seleccionadas para o resto dos postos".Como todo o mundo sabe para quen son estes postos non deberiamos dicir nada porque xa é sabido, pero por si alguen aínda o dubida, contamos o que vai suceder.Segundo nos teñen contados, Anxo Quintana, que xa colocou ao ex alcalde nacionalista Lois Pérez Castrillo e ex asesor de Vicepresidencia con soldo millonario como xerente do Consorcio, agora vai a colocar nun posto de relevancia nese mesmo consorcio a outra asesora da Vicepresidencia.Trátase de Pilar Candocia, que ademáis é concelleira do BNG en Ames ata a pasada semana que dimitiu do seu posto. Tirámonos á piscina pero estamos seguros de que acertaremos porque a convocatoria que sacou Vicepresidencia apesta a amañado.Noraboa Pilar polo teu máis que posible nomeamento (cando ainda non se resolveu a convocatoria) como Directora de Área de Igualdade do Consorcio.

A PARTICULAR VISIÓN DE TOURIÑO DO CHAPAPOTE FORESTAL- http://www.youtube.com/watch?v=YttUEftzw7E

¿E AGORA QUE?
AMO A LAAAAAAURAAAAAAAA...- ESCRIBE O DIÁLOGO DESTA FOTO¿Que te suxire esta foto?Son Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta (PSOE) e Laura Sánchez Piñón (PSOE), conselleira de Educación.Non, a Conselleira non é María José Caride dándolle as gracias polo seu posto de Conselleira, por Oposicións, nin nada polo estilo. É a de Educación.¿Que se están contando? ¿De que falan? ¿Que mira a Conselleira? ¿Por que Touriño ten cara de satisfacción? ¿Que veñen de facer?Escribe o diálogo entre os dous protagonistas da foto e lee os diálogos escritos por outros visitantes da páxina, pinchando en "comentarios". Haberá un premio para o gañador do mellor diálogo. ¿Que premio? Que máis da, acaso a Xunta non prometeu que FACILITARÍAN A CREACIÓN DE COMISIÓNS DE INVESTIGACIÓN, que se reducirían as listas de espera nos hospitais, que se abrirían os quirófanos 24 horas, que a TVG sería neutral, que os libros de texto serían gratuitos, que habería ordenadores en todas as casas de Galicia...etc... e non cumple e non pasa nada?(Preme na foto para vela en grande -referímonos á foto, non a outra cousa-)

PSOE E BNG VOLVEN A VOTAR "NON" A UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN POLO AGOSTO NEGRO DOS INCENDIOS- - Desprezan aos afectados e aos familiares das víctimas mortais polos incendios, que reclaman unha Comisión de Investigación no Parlamento pola peor traxedia dos últimos quince anos en Galicia. - Desprezan a todos eses miles de galegos e afectados que se manifestaron en Compostela pedindo unha Comisión de Investigación. ¿Non dixo Touriño que tomaba nota? Mentiroso. - ¿Que é o que teñen que ocultar PSOE e BNG para rexeitar unha Comisión de Investigación no Parlamento? - A TV do Parlamento non enfocou os rostros de Quintana e Touriño dicindo NON á Comisión de Investigación. ¿Casualidade ou é que se lles cae a cara de vergonza por rexeitarla?

O PSOE XA TEN CANDIDATO PARA MADRID: TOURIÑO SE POSTULA- Ligazón ao video: http://www.youtube.com/watch?v=MtXcYvUk12I

O QUE PSOE E BNG NON DEIXARON ENSINAR A LANDÍN NO PARLAMENTO: COMO CALA A CIG- (PREME NAS IMAXES PARA VELAS EN GRANDE)PSOE e BNG convocaron para o paripé dos incendios (o que crearon para non crear unha Comisión de Investigación) ao alcalde de Barro, José Antonio Landín, que é presidente da Asociación "SOS contra o Lume".Landín mostrou un cartel-folleto de "Lumes Nunca Máis" que tiña dúas caras, pero o PSOE e o BNG non quixeron que mostrara o seu contido. Así llo comunicou o Presidente do Paripé, Iago Tabarés (BNG) a Landín. Ese folleto tiña dúas caras, a Landín soamente lle deixaron mostrar unha. O reverso era un folleto da CIG con data de agosto de 2004 (cando gobernaba o PPdeG) e puña cousas bastante interesantes e que deixan ao sindicato, e por extensión ao BNG, en clara e vergoñenta evidencia. Isto é algún extracto do que puña:- ESIXIMOS RESPONSABILIDADES DA NEFASTA XESTIÓN DAXUNTA DE GALIZA NA LOITA CONTRA OS LUMES EN GALIZA- Os altos cargos da Consellería, co señor conselleiro ácabeza, deben responder ante os cidadáns galegos pola súa incompetenciae incapacidade- Non se executaron limpezas de cortalumes e pistasforestais, non se fixeron convenios de colaboración e apoio coas comunidades demontes e organizacións conservacioneistas, non se efectivizou a coordinaciónentre as distintas administracións que teñen persoal traballando na loita contrao lume...- Consideramos que DEBEN CESAR TODOS ESTES CARGOSPOLÍTICOS DA CONSELLERÍA e mesmo COMPARECER ANTE A FISCALÍA ESPECIAL DA LOITACONTRA O LUME para aclarar o destino concreto do orzamento do Plan deIncendios Forestais en Galiza- Perdas económicas e sociais da catástrofeincendiaria (...) pérdida dos soutos e carballeiras (...) pérdida directa de avestales como a pega marza, o peto, o chaschás, tordos, etc., mamíferos que seguramente morreron ou escaparon (...) pérdidadesta vexetación (...) DESASTRE ECOLÓXICOIRRECUPERABLE- Durante o 2004 arderon en Galiza 27.900HECTÁREAS (...) no 2003 arderon 25.000 (...) no 2002 foron 23.000 (soamente neste ano 2006 arderon 100.000 hectáreas e a CIG cala)- A XUNTA DEBERÍA ASUMIR O SEU FRACASO E INOPERANCIA,DEPURANDO AS RESPONSABILIDADES A QUE HOUBERA LUGAR POR TANTAINCOMPETENCIA E MANIPULACIÓN- COORDINACIÓN NUN ÚNICO DEPARTAMENTO QUEENGLOBASE AS COMPETENCIAS HOXE REPARTIDAS ENTRE ORDENACIÓN DO TERRITORIO,AGRICULTURA E MEDIO AMBIENTE (este ano estaban divididas entre Medio Rural,Medio Ambiente e Presidencia)- INVESTIGACIÓN E PERSECUCIÓN DOS INCENDIARIOS, CO ENDURECEMENTO DAS PENAS, BAIXO UNHA FISCALÍA ESPECIAL (Tanto Xunta como Goberno central dixeron este ano que non eranecesario)- CONTRA A INCOMPETENCIA E INOPERANCIA DA XUNTA DE GALIZA MOBILIZACIÓN, ESIXAMOS RESPONSABILIDADES (A CIG non sesumou á manifestación de SOS contra o Lume que pedía iso)Isto é o que dicía a CIG no 2004. Está claro que era o que dicía o BNG por medio da CIG no 2004 porque a CIG non ten autonomía do BNG, senón agora non andarían caladiños e esixirían responsabilidades porque arderon catro veces máis hectáreas que no 2004, e ainda por riba morreron 4 persoas. Así son, PSOE e BNG estanse a retratar. Se queres recibir o folleto en .pdf ponte en contacto con nos: quin2006com@gmail.com Podes ler o seu contido completo na seguinte ligazón: http://www.vieiros.com/noescaner/nova.php?Ed=1&escaner=37722&id=37729

UN GOBERNO INFANTIL- - Quintana anuncia unha subida das pensións contributivas- Touriño di que son invencións de Quintana, que non se vai a facer- Vicepresidencia di que Touriño non se explicou benUNHA COÑA DE GOBERNO NA QUE SE PUTEAN UNS A OUTROS.AO FINAL OS GALEGOS SOMOS OS PUTEADOS´ (Ligazón ao video: http://www.youtube.com/watch?v=JRnYwkFT_ko&eurl= )

AS PREGUNTAS DO EXAME DA CONSELLEIRA- Remítennos este mail que polo seu interese reproducimos a continuación. A ver se suxire algo a algún político ou a algún xornalista, porque parece que aquí non pasa nada e a Conselleira se vai quedar tan contenta e tan sequera sen dar unha explicación a un caso que ten bastante tufillo:Habería que facer unha serie de matizacións para coñecer o transfondodo nomeamento.En primeiro lugar, algo obvio, pero non por iso menos importante. Dª. MariaXosé é a Conselleira de Política Territoria, Obras Públicas e Transportes.En segundo lugar, optou á praza sendo tal. É incompatible???.Cando se pediu por parte do Departamento a salida a concurso de esa plaza?'??? ou é que nunca se pediu a saida a concurso dende o Departamento e ainiciativa foi so do Rectorado????No coñecido como P.O.D. (plan de ordenación docente), planificase todo ocurso aos efectos, entre outros motivos, de planificar a docencia. E á vista da plantilla, cando faltan docentes porque os créditos a impartir superan a plantilla, pois o departamento e a Universidade ten os mecanismos necesarios para suplir as horas. É dicir, hai que cubrir horas de docencia,non temos profesores, ergo contratamos asociados ou o que sexa, PARA CUBRIR ESAS HORAS!!! ESTA E A MOTIVACION, como se xustifica esto si a Sra Caride non vai dar clase!!!!Así, sacando unha praza de prof. asociado, de prof. invitado, de prof.visitante o tamén convocando unha praza de contratado doutor.Pero no presente caso, SACOUSE A PRAZA SEN QUE HOUBERA CREDITOS PARA IMPARTIR DOCENCIA. Algo completamente inaudito e que alporizou a todo o mundillo académico. Esto e unha cuestión moi reprobable porque os amigos non lles exisen requisitos que sí exisen a outras áreas. Ademáis en Economía APlicada sobra xente e fan trucos co POD para que lles dean as contas. Pero ademáis, sácase a praza, e concurre únicamente a susodicha Conselleira.Dentro das Bases da Convocatoria e dos requisitos esixidos destacaría algun:- Estar en posesión do título de doutor (non hai problema, Dona Maria Xoséé doutora, segundo tese dirixida por D. Emilio Perez Touriño).- acreditar tres anos de actividade docente e investigadora, avaliada polaANECA. Ehhh!. Aquí nos atopamos con algo serio porque a Aneca valora méritos obxectivos como as publicacions, estancias no extranxeiro.... non é tan sinxelo.!!!!!É dicir, ningun problema en principio.Unha vez admitidos os aspirantes, a Comisión se reunirá e o presidente titular, o concelleiro do PSOE, convoca aos membros da comisión e se elaborarán e farán públicos os criterios de valoración e convocará aos candidatos admitidos. É dicir, se convoca á Conselleira, para o acto de presentación e a realización da proba. ¿Cando foi? ¿onde se celebrou?. As miñas informacións me comentan que non existiu reserva de aula da facultade de empresarias de ourense e o decano da mesma non se enterou da celebración da proba. Pode ter sido en Vigo,non ten por qué ser en Ourense. Os departamentos teñen aulas que non é preciso reservar. Pode ser en Rectorado, a acta o debe dicir.Gustaríame saber cando se celebrou unha proba que consiste na exposición oral polo candidato, durante un máximo de 90 minutos, dos seus méritos e historial académico, docente e investigador. E a continuación a Comisión debatirá co candidato, durante un máximo de 120 minutos, sobre os seus méritos e a cualificación da sua formación e experiencia. Aquí o relevante será saber se ese día estivo en otro sitio, nun acto público, etc.... De todos modos, ainda que a normativa pon iso, o normal é non pasar de 45 minutos e que no haxa debate.Tivo tempo a Sra. Conselleira a preparar o exame a conciencia?. A proba consiste nunha exposición dos teus méritos, dunha forma ordenada e pouco máis. É autobombo. Non está suficientemente ocupada coas responsabilidadesde goberno?Pode ela o alguén do reitorado dicirnos onde se celebrou a proba? Consta a acta da mesma?. Ten que haber un acta".E certo que é a primeira vez na universidade de Vigo que se saca unha praza de contratado doutor sen ter créditos de docencia para impartir?. Sacáronse habilitacións sen créditos, que é peor. Se non ten docencia, cal é a finalidade da praza?. Ten que entrar en dar clase a narices, a compartir con quen sexa un grupo pero pode pedir a excedencia e non cobra, non cobra. Lle consta ao seu xefe máximo, Sr. Touriño a creación desta praza?. Falárono co anterior Rector e co novo?.E CERTO QUE O DIA SEGUINTE DE TER A PRAZA SOLICITOU A EXCEDENCIA???. Contextualiza: http://quin2006.blogspot.com/2006/09/unha-oposicinunha-soa-praza-unha-soa.html

CARIDE TRANQUILA: ¡APROBADO XERAL!- Onte puidemos ler no Faro de Vigo e en La Opinión a seguinte columna:CATRO COUSAS-Paco Vedra- Jó, fratres, pero mira que sois malignos: dice avecilla que eso de que un/a alto/a cargo/a de la Xunta vaya a ganar, o haya ganado ya, unas oposiciones recientemente celebradas es sólo una coincidencia. Sí, es cierto que si llega a ocurrir en la época pretérita se habría armado la de Zeus -y de hecho ocurrió, y se armó-, pero hay que tener en cuenta que ahora, con esto del cambio ytalytal, sale en las páginas web. Y menos da una piedra. ¿No?.- Y es que para eso -entre otras cosas- está la Ley de Transparencia. Que no lo quiere admitir la derecha eterna, pero eso del internet es un gran invento. Casi no se entera nadie en el pueblo llano de lo que se hace, pero siempre permite argumentar que no hay secreto, que es todo legal y, encima, público. Lo que desde el punto de vista meramente formal resulta, además, cierto. Ojo.- Ya, ya, es verdad que hay algunos detalles pintorescos, como por ejemplo que el tribunal que decidió la concesión -a la que el/la cargo/a aspiraba en solitario- lo presidía un militante de uno de los partidos que está en el gobierno, y que tiene incluso un cargo público electo, pero eso sólo haría sospechar algo malo en el ancien regime. Ahora, queda dicho, es sólo una casualidad. ¿No?- Conste que el pájaro se enteró en el entorno de los nidos más altos del escalafón, ya me entendéis, donde era la comidilla en las mismas vísperas del debate -o sea, onte-sobre el estado de la nación. Y, en leyendo esto, es posible que a primera hora, hoxe, se comente más que el propio discurso de reinvestidura. O al menos no pocos diputados/as se pregunten quién es. ¿Capisci?-POR SE QUEDA ALGUNHA DÚBIDA: http://quin2006.blogspot.com/2006/09/unha-oposicinunha-soa-praza-unha-soa.html... TRÁTASE DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL, MARÍA JOSÉ CARIDE, POSIBLEMENTE NON A COÑEZAN PORQUE POR AGORA NON FIXO NADASOLAMENTE A COÑECE TOURIÑO, QUE FOI O SEU PROFESOR E É A SÚA AMIGA(Preme na imaxe para vela en grande)

¿QUEN DIXO QUE TOURIÑO NON ÍA AO MERCADO? DE "FASHION MARISCADA"...- Aquí podemos ver nesta foto rescatada de www.xuntas.com ao Presidente Touriño no mercado como calquer galego...comprando marisco co seu traxe impecable, rodeado de fotógrafos, co alcalde de Coruña que se tira dos pelos porque apenas sae na foto e... sendo ecolóxico e rexeitando unha bolsa para levar a compra porque xa ten a propia de Louis Vuitton...Touriño é un home sinxelo, pegado á realidade social deste país...Nada como unha "fashion mariscada" para celebrar a súa gran xestión...
LibertadPP

NEGREIRA EN TODAS PARTES
LA APUESTA POR LA VIA JUDICIAL
EL DELFIN DE JUNCAL
NEBRERA GANADORA MORAL
EN LUGO BUSCAN NUMERO UNO
EL PP DE PRECAMPAÑA, LA XUNTA DE VACACIONES
GALICIA EN VOZ ALTA
SOLO NOS QUEDA INVESTIGAR
GALLARDON A EUROPA
THE ECONOMIST HABLA DE LA CRISIS
ESPERANZA A LO TONY BLAIR
LOS 700 DE CONDE ROA
ZAPATERO ENGAÑA A LOS ESPAÑOLES
LA INGENUIDAD DE ALFONSO RUEDA
NEGAR LA EVIDENCIA
Galicialiberal.com
- Opinión: El PP catalán en el abismo
- Opinión:LA HORA DE LA REBELDÍA EN EL PP CATALÁN
- Rodriguez Zapatero: "Somos y seremos un partido de izquierdas"
- El recuerdo de Rodrigo Rato a Loyola de Palacio
- Grupos independentistas radicales denuncian las "listas negras" de la Guardia Civil
- La población en Galicia mantiene saldo negativo
- La Secretaria General de Politica Lingüistica, molesta con el Manifiesto por la Lengua Comun
- Opinión:Cuando nació Villa hacía cinco años que había muerto Franco, con quien desapareció su consigna ritual: ¡Viva Franco! ¡Arriba España!
- Opinión:El grito de Villa
- CONFIDENCIAL: LA VENGANZA DE LOS MOTEROS EN VIGO
Bieito Lobeira

A Imposición da Lingua Galega- Lo que resulta inadmisible es que permitiese que la Letrada de la parte actora formulase sus conclusiones en lengua gallega ( ) Con ser ello grave, más lo es aún que el acta del juicio fuera realizada también en lengua gallega ( ) Y que como culminación de todas estas irregularidades se nos remitiese la sentencia, naturalmente estimatoria de la demanda, también en lengua gallega. (sic) Esta non é transcrición dun texto redixido hai sesenta anos, en pleno apoxeo do réxime franquista. Non: forma parte da denuncia, formalizada en Febreiro de 2008 pola empresa Radio Popular, S.A. (Cadena COPE), perante o Consello Xeral do Poder Xudicial, contra a Maxistrada titular do Xulgado do Social nº 2 de Compostela, Ana López-Suevos Fraguela, por cometer o delito de utilizar a lingua galega na propia Terra, neste caso na administración de xustiza. Non son unicamente prexuízos os que operan á hora de motivar á Cadena COPE emisora radiofónica vinculada á Conferencia Episcopal Española- a atacar o idioma propio de Galiza. É unha auténtica persecución lingüística sustentada nunha actitude claramente xenófoba, antigalega. Pretende eliminar, literalmente, ás poucas persoas que na administración de xustiza respectan e defenden o idioma galego e os dereitos lingüísticos do pobo galego. Pretende impoñer o español, a toda costa e por calquera método, malia ser a lingua galega a única propia do noso país, e ademais de uso maioritario na poboación. Resulta esperpéntico que, aínda a día de hoxe, se den casos de persoas, na súa propia nación, que pretendendo exercer o dereito inalienábel a seren atendidos no seu propio idioma na súa administración, se encontren con manifestacións de discriminación lingüística absolutamente aberrantes e intolerábeis do ponto de vista democrático. Aí temos os casos recentes de Paulo Carril ou Eduardo Álvarez nos xulgados dA Coruña. E cando unha xuíza pretende democratizar este estado de cousas, facendo normal o que neste momento é anómalo, isto é, a incorporación do galego no ámbito xudicial, sofre toda a contundencia dunha resposta que mostra a auténtica faciana desa liña ideolóxica que ten a súa expresión política no PP (e non só), belixerante contra a lingua e cultura do noso país e negadora dos dereitos democráticos (humanos) máis elementais. E aínda hai quen defende que o galego é un idioma imposto na Galiza Moito hai que avanzar, moitos espazos hai que conquistar. O próximo 18 de Maio A Mesa pola Normalización Lingüística ten convocada unha manifestación polo dereito a vivirmos en galego. Temos que converter esta mobilización, e a súa campaña previa, nunha demostración de forza da existencia e da vitalidade da lingua galega. E da reivindicación dos seus dereitos como idioma nacional. Somos unha nación e temos unha lingua.

PARDO DE CELA- 17 de Decembro de 1483. Hai hoxe, exactamente, 524 anos. Na Praza Maior de Mondoñedo era executado polas tropas castelás baixo mando do capitán Luis de Mudarra, o mariscal Pero Pardo de Cela, símbolo da rebeldía galega face á política asimilista de Castela e dos Reis Católicos sobre Galiza. Xunto a el, eran tamén executados os seus guerreiros máis leais: Pero de Miranda Saavedra e Castro (seu propio fillo), García Rodrígues, e Bartolomé de Baamonde. Tráxico final, que ten a súa explicación máis imediata na Real Cédula asinada en Toledo polos Reis Católicos o 3 de Agosto de 1480, pola que envía a Galiza a Fernando de Acuña como Xusticieiro Maior, o licenciado Garci López de Chinchilla como Alcalde Maior, e Luis de Mudarra como capitán dun continxente militar castelán de varios centos de xinetes e dun número indeterminado de guerreiros de infantaría a pé. O obxectivo político-militar, eliminar por calquera método calquera caste de oposición na Galiza ao proxecto imperialista impulsado polos Reis Católicos, que daría pé ao nascimento do Estado español. Previamente, outra Real Cédula (18 de Febreiro de 1478) instaura a Santa Hermandad na Galiza como auténtica policía política ao servizo de Castela. Dirixe este corpo Antonio de Paz e o licenciado Fernando Gómez de Tordehumos. O descontento social xerado pola violencia, a crueldade e os castigos infrinxidos pola Santa Hermandad está documentado. Entre outras razóns, pola implantación de duros impostos (18.000 maravedís por cada cen veciños) para manter economicamente o propio corpo represivo. O historiador aragonés Zurita descrebe o despregue da Santa Hermandad na Galiza contra la voluntad de todo aquel reyno, estando todos en resistencia. E non oculta o obxectivo final: pregonar desde el Miño hasta la mar hacer al Rey y a la Reina Señores de aquel Reyno. A resposta galega a este proceso nasce, nunha primeira fase, cun acordo político entre a nobreza galega, de apoio mútuo en caso de agresión, mais que lamentabelmente -para o futuro da Galiza- non perdurou. Na segunda fase, co enfrontamento armado directo, liderado no sul por Pero Álvarez de Soutomaior (con conexións con Portugal), e no norte co mariscal Pardo de Cela. Pardo de Cela resistiu un cerco de entre dous a tres anos (depende das fontes) no inexpugnábel castelo da Frouseira. En calquera caso, o asedio foi longo e cruento, con numerosos mortos, tanto polo bando galego como polo castelán. A imposibilidade de conquista da Frouseira levou ao mando castelán a empregar o método da traizón, perfeitamente documentada, e que efectivamente levou ao mariscal a ser finalmente preso polo inimigo. Morto Pardo de Cela, o combate continuou, neste caso co protagonismo dunha muller: Constanza de Castro, filla do mariscal. Ela é quen de dirixir un grupo de guerreiros galegos leais e de manter as hostilidades contra as tropas castelás. Despois dun tempo é finalmente cercada no castelo de Vilaxoán (a famosa Torre da Cal da Loba, ainda en pé, no concello de Cospeito, na Terra Chá). Resiste durante once meses o cerco militar, e non se rende. Morre, probabelmente envelenada pola auga podre do alxibe, mais non se rende. Quen si pacta a súa capitulación após a morte de Constanza é o seu home, Fernán Ares de Saavedra, que salva a súa vida comprometéndose a servir aos Reis Católicos na guerra de Granada. En 1487, xa pacificado o Reino de Galiza, visitaban o noso país os Reis Católicos. Había 110 anos que un monarca castelán non pisaba terra galega. E ficaba xa definitivamente aberto o camiño que posteriormente se definiría, sen eufemismos, Doma y Castración del Reino de Galicia. As consecuencias prácticas ficaban ben á vista: 150 castelos, torres e fortalezas derrubadas, imposición do sistema castelán de pesos e medidas, proibición de reunións numerosas (mesmo en vodas e bautizos), estado represivo controlado pola Santa Hermandad, substitución lingüística, bula papal a bispos de Ávila, Segovia, Córdoba e León con dereitos sobre os mosteiros galegos; expulsión e/ou eliminación dunha parte importante das clases dirixentes, nobiliarias e eclesiásticas. En definitiva, fin da existencia do Reino de Galiza como espazo con dimensión e dialéctica política de seu, ficando dominado militarmente e inserido politicamente baixo dependencia de Castela/España. Este proceso histórico, chave para interpretar o desenvolvemento posterior, foi conveniente e intencionadamente ocultado polos vencedores. Os galegos non podíamos ser conscientes do noso propio pasado, e moito menos dos seus episodios heroicos. E roubáronnos a historia. Obviamente, recoñecer que o proceso de construción do Estado (moderno) español se fundamentou na violencia, na represión, na asimilación e na negación de Galiza, bota abaixo boa parte dos tópicos existentes sobre España e, sobretodo, no que ten a ver coa suposta resignación natural de galegas e galegos. Aquí o que houbo foi imposición durante 500 anos, non convivencia harmónica. E ainda así Galiza, o seu idioma, os seus sinais de identidade cultural, a súa singularidade, continúan a estar vivos e a seren reivindicados cinco séculos despois. Iso é o sorprendente. A data do 17 de Decembro estivo a piques de ser institucionalizada polo nacionalismo galego como Día da Patria Galega, en homenaxe a esa Galiza rebelde que non se rendeu á dominación castelá. En lembranza tamén de Constanza de Castro e desa Frouseira que nunca puideron conquistar as tropas castelás, convertida desde aquela en símbolo de resistencia e liberdade para o pobo galego. Tomemos boa nota e actuemos en consecuencia.

O BNG E O PLANO DE ACUICULTURA. ACLARACIÓNS NECESARIAS- Vivimos tempos de balbordo e confusión, tamén propiciados e inducidos por un poder o real- que constrúe discursos, ben funcionais aos seus intereses, a través das súas correas de transmisión, oportunamente controladas e magnificamente presentadas. É evidente que nese contexto, o nacionalismo galego, as súas propostas e alternativas políticas, as súas posicións, foron historicamente silenciadas, cando non manipuladas. Ás veces de xeito burdo, evidente. Outras, intelixentemente caricaturizadas ou distorsionadas. Este é o caso que nos ocupa: a posición política do BNG perante o denominado Plano Galego de Acuicultura. Cumpre aclarar as teses que se defenden a este respecto, aínda que, por certo, foron profusa e reiteradamente explicitadas no Parlamento de Galiza durante os últimos meses, tal e como testemuñan diversos Diarios de Sesións. Vexamos. Lembraremos que o goberno agónico do PP xa en funcións- aprobou en Consello da Xunta (30 de Xuño de 2005, coas eleccións xa perdidas) o alcumado Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, proxecto aberrante elaborado e aprobado en función dos intereses económicos dun grupo empresarial que gozou, por certo, dun hiperbólico volume de subvencións públicas para os seus negocios en todo o planeta durante os últimos quince anos-, e que tiña en Cabo Touriñán a mellor mostra do que non se pode permitir no noso litoral. Xa co novo Goberno de Galiza, o BNG fixo todo o posíbel para anular este enxendro, acadando cando menos o acordo de proceder á súa revisión, salvando Touriñán e eliminando outros espazos que invadían a tan raquítica como cacarexada Rede Natura 2000. A partires dese momento, abríase outro proceso para a elaboración do actual Plano. Contodo, é importante sinalar aspectos que son absolutamente relevantes á hora de analisar e interpretar a evolución dos feitos, as previsións de remate do proceso, e o papel o real, non o inventado- do BNG nese contexto. En primeiro lugar: Non é menor a evidencia de que os departamentos administrativos directamente implicados na elaboración e desenvolvemento do Plano son responsabilidade dunha forza política o PSOE- que historicamente mantivo posicións antagónicas co BNG, en concreto en materia de política pesqueira, marisqueira e acuícola. Consellaría de Pesca (protagonista na elaboración do Plano), Dirección Xeral de Urbanismo, Consellaría de Medio Ambiente, mais tamén a Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente (non podemos esquecer que a titularidade do Dominio Público Marítimo-Terrestre, lamentabelmente, segue residenciada en Madrid), son departamentos dirixidos polo PSOE. Pode gostar ou non, mais é unha realidade. E cando falamos de decisións políticas o pior é refuxiarnos na fantasía. En segundo lugar: O BNG non nasceu con vocación de axente comercial de ningún grupo empresarial. Nin tampouco cun modelo industrial terceiromundista, no que calquera empresa se instala onde e como queira. A súa razón de ser é a de pór en valor toda a potencialidade da nación e dos seus recursos naturais obviamente baixo criterios sustentábeis- ao servizo dos intereses do pobo galego. E é evidente que o noso litoral ten unhas características naturais extraordinarias para construír un modelo de desenvolvemento baseado na pesca, no marisqueo e na acuicultura. A acuicultura non é só a produción de peixes planos en piscifactorías. No caso galego é fundamentalmente a produción de mexillón en bateas (3ª potencia mundial en produción, 15.000 postos de traballo directos, riqueza inducida inserida en boa parte do tecido económico galego), aínda sendo conscientes de que as 3.500 bateas fondeadas nas nosas rías provocan un certo impacto ambiental, que asumimos, mais que convén minimizar. Porén, sería de inxenuos non aproveitar a nosa inmensa potencialidade natural na cría e engorde de peixes planos ou non- e noutras especies, comezando polo polbo e outros mariscos. Daquela, o BNG non considera por definición á acuicultura (toda ela) incompatíbel con outras actividades produtivas ou co equilibrio medioambiental da nosa costa. Iso si, non de xeito anárquico, senón con planificación, ordenación e cunha regulación que harmonice os diversos intereses (produtivos, ambientais, sociais) en xogo. Finalmente: En coerencia cos principios antes expostos, e á vista da oposición social mesmo institucional- que xeraron algúns dos proxectos previstos, o BNG trasladoulle formalmente á Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos, xa hai meses, a necesidade de negociar contidos e emprazamentos do Plano de Acuicultura, atendendo aos seguintes criterios fundamentais: a) Garantías de depuración plena, integral, das augas procedentes destas instalacións. b) Exixencia de xeración de emprego digno e estábel (é posíbel facelo nas cláusulas de concesión) que recaia sobre a comunidade na que se asenta. c) Minimización do impacto ambiental, tamén paisaxístico. Diferenciar entre reserva de solo e edificabilidade. As instalación non teñen porqué estar á beira do mar. E outras (administración, dirección, procesado, armacenado, comercialización, etc.) poden estar mesmo localizadas en parques ou polígonos empresariais debidamente dotados. d) Hai emprazamentos (caso de Corrubedo) que se deben suprimir. Outros (Merexo), reducir. Noutros casos, afastar terra a dentro. e) É preciso, con todo, unha planificación nacional de reserva de solo que evite actuacións especuladoras por parte de empresas ou concellos. Mais a proposta actual é manifestamente mellorábel. f) Impulso á investigación para a cría de novas especies evitar monocultivos- e tamén para a mellora da sustentabilidade desta actividade. g) Apoiar activamente fórmulas organizativas, comezando polo cooperativismo, que posibiliten o acceso das comunidades mariñeiras a esta actividade e, daquela, aos emprazamentos que se designen. Estamos precisamente nesta fase. E por certo, advertimos vontade de diálogo. Até onde se pode chegar, non o sei. O que si é evidente é que calquera mellora deste Plano de Acuicultura pasa polo proceso de negociación que o BNG está a impulsar diante de departamentos reitero- baixo responsabilidade do PSOE. Recentemente a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galiza (AROGA), que agrupa ás once empresas que se dedican na Galiza a esta actividade, advertían do retraso na tramitación do Plano, e sinalaban ao BNG como responsábel de que non estivera xa aprobado. Que cadaquén tire as súas conclusións. Lexitimamente pódese ou non estar dacordo con estas posicións, oficialmente explicitadas desde hai meses. Mais o que non é honesto é silencialas ou manipulalas de xeito deliberado, e cunha intencionalidade política descarada.

MÁRTIRES GALEGOS- Os procesos de dominación política e expoliación económica padecidos por moitos pobos entre eles, obviamente, o noso- teñen algúns elementos en común. Recrudecidos nalgúns casos, aliviados noutros, en función das parámetros concretos nos que se fundamenta en cada caso: fortaleza da metrópole, espazo temporal de dependencia, rol económico e relacións sociais que del se derivan, e moitas outras variábeis. Mais hai tamén en todos eles un ámbito psico-ideolóxico, relativo á percepción que o pobo dominado ten de si mesmo e do extranxeiro invasor, que resulta absolutamente relevante, ben para manter a dependencia, ou ben, de se superar, para construir unha resposta colectiva liberadora. Indo agora ao caso galego. Ademais de decapitación política, expolio económico secular, ou ataque á nosa lingua e cultura, por certo sempre baixo forma e métodos agresivamente coloniais, fixéronnos crer, historicamente, que non eramos nada, que non valíamos para nada, que somos un pobo inútil e que sempre o fomos, e que só poderemos cegar a algo, individualmente, se renunciamos ao propio e nos aderimos ao foráneo. Neste esquema, moi valioso e funcional para a metrópole española, ten un lugar fundamental a historia. Ou se se prefire, a censura histórica, a súa manipulación e falsificación. Aos galegos e galegas non só nos roubaron a riqueza da base material, produtiva, da nosa Terra. Non. Roubáronnos tamén a historia. A nosa historia. Para que non sexamos nada, nin aspiremos a selo por nós mesmos. Daí a importancia de pór en valor o que fomos, e o que podemos chegar a ser. Daí a importancia de lembrar e reivindicar aos nosos mártires, para pór en evidencia que o proceso de dominación política de Galiza, ao longo da historia, non contou coa resignación nin coa entrega voluntaria dos galegos. Non houbo capitulación previa: Os galegos estiveron prestos ao combate cando foi preciso. E durante séculos houbo galegos e galegas que morreron, que foron asasinados por defenderen a súa Patria. A dependencia de Galiza, desde a súa xénese, foi un proceso violento. Castela enviou tropas castelás e mercenarias para submeter Galiza á altura de 1480. E encontráronse con resistencia activa, violentamente reprimida. E xa no século XX abría o franquismo a súa aciaga etapa na Galiza fusilando ou paseando patriotas como Alexandre Bóveda, en 1936. Fechábase en 1975, e ainda nos seus estertores tiña suficiente carraxe antigalega como para asasinar ao militante da UPG Moncho Reboiras. Galiza tamén ten mártires, porque ten historia. E non, precisamente unha historia de docilidade e de obediencia submisa ao invasor. Tamén temos os nosos herois, como calquer outro pobo. E moito lles debemos. Galegas e galegos de ben nunca poderemos esquecer estes patriotas. Son o noso exemplo.

O DÍA DA PATRIA GALEGA- Ás portas do Dia da Patria Galega, é bon botarlle unha pensada ao contexto político no que se emarca esta celebración. Un ano no que o nacionalismo marcou con claridade a axenda política con exemplos moi claros: a reivindicación dun Estatuto de Nación, actuacións desde o Goberno de Galiza, ou propostas de diverso tipo que condicionaron a dialéctica política no noso país. Cumpre, ademais, que o traballo desenvolvido teña consistencia e sirva para enfrontar o futuro máis imediato. É esencial, indispensábel, para un proxecto político contracorrente como o representado polo nacionalismo galego, inserido na realidade dunha nación negada e colonizada, priorizar o traballo organizativo, de información, formación e conscienciación da base social que posúe, e que por certo, non é precisamente cativa a día de hoxe. O intenso traballo organizativo desenvolvido con motivo das aleccións municipais, que fixo posíbel achegar a milleiros de persoas o ideario nacionalista, debe ser convenientemente aproveitado. Por varias vías. Para comezar, incrementando a militancia do BNG a través de tanto simpatizante-activo que colaborou na última campaña electoral. Ademais, criando organización do BNG onde ainda non a hai. Candidaturas tan meritorias do BNG, como as encabezadas en Forcarei por Anabel, en Cerdedo por Ana, ou en Camariñas por Luis, e que non obtiveron representación no Concello, débense reconverter en grupos activos do BNG, facendo traballo político na sociedade, fóra da institución municipal. Mozas e mozos como eles son un bon exemplo do ánimo e da coraxe coa que enfrontan a defensa do nacionalismo en contextos máis que adversos. Así que, avante, a botarlle peito. O BNG é a esperanza para este país. Con todos os nosos defectos, mais tamén coa cobiza de autosuperación. Honestamente, fanme rir algunhas críticas sobre o BNG procedentes de sectores (seica soberanistas) que precisamente organizaban en Cangas actos públicos desa candidatura en perfeito bilingüismo harmónico. Hai que botarlle valor. E finalmente, na defensa sen complexos da nosa alternativa política. O 25 de Xullo é o Día da Patria Galega. Así o reivindicou o nacionalismo galego historicamente, con independencia dos custos que os houbo, e moitos- para facer desta data un día de reclamación do dereito de Galiza a existir como nación libre. Non é o día de rendirlle pleitesía a España na oferenda do apóstolo. Alí, nese acto de exaltación do españolismo máis reseso, estarán o PP e o PSOE, coa propia Presidenta do Parlamento, facendo gala da súa submisión. Alá eles. Nós, os nacionalistas, onde sempre estivemos, na Praza da Quintana, proclamando con orgullo a existencia da nación galega, e defendendo o dereito de autodeterminación. Para iso nasceu e para iso traballa cada día o BNG.

EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA- Hoxe escoitei a Núñez Feijoo pontificar sobre o novo Decreto do galego no ensino, e animoume a titular este artigo Os inimigos do galego. Sería xusto e rigoroso rótulo ás insidias vertidas sobre o noso idioma cando de conquistar lexítimos espazos de uso no ensino se trata. Mais finalmente, optei por destacar o que nos define, como nacionalistas, na conquista de liberdades e dereitos democráticos colectivos. Un deles, e non o menor, o dereito de todos os pobos a posuiren plenamente normalizada a lingua de seu. A polémica xerada en torno á aprobación desta nova norma legal (reitero: medio e non fin para o BNG, conquista táctica), e o rexeitamento á mesma desde o PP e outros sectores do españolismo de extrema dereita afortunadamente minoritarios na nosa sociedade (mais magnificados por determinados medios de comunicación galegos), está a situar no primeiro plano o debate lingüístico. Iso si, en termos ben desafortunados. O PP non ten absolutamente ningunha base argumental, obxectiva, que fundamente a ruptura do consenso previamente existente en torno ao texto do Decreto, finalmente aprobado no Consello da Xunta do 28 de Xuño e publicado no Diario Oficial de Galiza o día seguinte. Son exclusivamente razóns de orde ideolóxica e ideolóxico-política as que poden xustificar a nova posición do Partido Popular. Nin máis nin menos. Con este paso, a sucursal galega do PP, através do seu Presidente Rexional (sic), e co concurso da súa Xunta Directiva Rexional (sic), alíñase definitivamente cos sectores máis ultrarreaccionarios e antigalegos que, dende Madrid, bombardean diariamente as súas proclamas xenófobas con altofalantes mediáticos. O pior non é que sucumba Núñez Feijoo diante deste panorama, ou por razón de presión ambiental (efecto Bernabeu, como o denominan eles). Non. O grave é estou convencido- que el mesmo asume plenamente estes principios. Son directrices da Conferencia Episcopal Española, da COPE, de Aznar e subordinados (Rajoy, Zaplana e compañía) que el presidentiño rexional- aceita e nas que se recoñece con naturalidade. Porque é como eles. A decapitación da xa cativa e morna autonomía da sección galega do PP é toda unha realidade. É posíbel, contodo, que non teña repercusións internas de relevancia, aínda que é certo, do ponto de vista lingüístico, que había dous PPs: Un, de españolismo exacerbado, que usa o galego só de xeito litúrxico e aparencial. O outro, de extracción social máis popular, que o viña utilizando con máis naturalidade, aínda que sen consecuencias normalizadoras práticas. A anulación do segundo é xa un feito. E a desautorización política do propio Grupo Parlamentar en relación con este asunto tamén. Mais observemos, á marxe da dialéctica política interna dese segmento do españolismo denominado PP (do outro xa faleremos), o intento burdo de construir unha realidade barbaramente falseada en relación co suposto intento de impoñer a nosa lingua na nosa propia nación. Expuña Núñez Feijoo os seguintes argumentos: Levábamos vintecinco anos facendo política lingüística por consenso en Galicia(sic). Matizacións necesarias: A Lei de Normalización Lingüística (1983) co BNG fóra do Parlamento, o Decreto 247/95 que regulaba o galego no ensino (1995) aprobado unilateralmente e sen consulta polo goberno Fraga. O único consenso coñecido viña sendo até o momento o existente entre PP e PSOE nesta materia, cos resultados xa coñecidos. No caso do novo Decreto, gozou do apoio dos tres grupos parlamentares, organizacións estudantís, sindicatos do ensino, confederacións de nais e pais do alunado, A Mesa, etc. Non coñezo un antecedente de norma legal en forma de Decreto- con tan elevado nivel de acordo previo á súa publicación. Hasta o momento o galego non era un problema en Galicia. Practicábase o bilingüismo harmónico que deu os seus froitos(sic). Froitos consistentes, efectivamente, en acelerada perda de falantes en galego, ou na consideración do sistema educativo como instrumento españolizador, tal e como indican os dados feitos públicos recentemente polo Consello Escolar de Galiza. Non conta co apoio do Consello Consultivo. Ditame que non é vinculante, e órgano que non é neutro, nin imparcial nin obxectivo. Composición designada no seu día directamente por Manuel Fraga, inclúe algún declarado inimigo da nosa lingua e cultura. Polos dereitos, pola libertad, e pola educación de calidade(sic). Aí chegamos. O galego, como é coñecido, é idioma intrinsecamente incompatíbel non só coa educación de cualidade senón que tamén coa liberdade e os dereitos. Dito doutro xeito, os galegos, na nosa propia Terra, non posuimos dereitos lingüísticos. Que no noso país a un neno galego-falante se lle impoña o español no ensino é para Núñez Feijoo un signo de cualidade e de libre elección. Alá o PP coa súa política. Nós aínda temos por diante o proceso de aplicación práctica do Decreto, que non vai ser tarefa doada. Terá que contar con todo o apoio e o esforzo de todas e todos aqueles que temos como bandeira a defensa do noso idioma nacional. Que non somos poucos. Dados estatísticos recentes demostran que a maioría do pobo galego é favorábel a introdución de medidas que introduzan o galego no ensino. Mesmo en segmentos que a día de hoxe non utilizan habitualmente a nosa lingua. Así que adiante. E remato con máis ánimo, que se me permitides, dirixo á miña compañeira Ermitas Valencia, digna concelleira de normalización lingüística (porfin!) no concello de A Coruña. Forza e coraxe!

Esquilma a frota galega? O caso do bacallau- A evolución da frota bacalloeira galega representa un dos exemplos máis claros do desmantelamento do sector pesqueiro galego. Só nos últimos vintecinco anos, como consecuencia de decisións políticas das que a nosa nación Galiza- está ausente, e que son completamente alleas á profisionalidade dos mariñeiros e á competitividade de buques e empresas, Galiza perdeu o 90% dos buques dedicados a esta pescaría e milleiros de postos de traballo. A día de hoxe, as escasas unidades que fican operativas só poden faenar nas imediacións do arquipélago das Svalbard (zonas CIEM I e IIb), cunhas ridículas cotas de captura, que só permiten campañas pesqueiras durante unha media de tres meses ao ano. O resto (9 meses), os buques fican amarrados a porto, e os tripulantes na procura doutras alternativas laborais. A frota galega ten asumido unha cota de captura de bacallau para o presente ano 2007 de 9.294 tns, aproximadamente o 15% das capturas totais desta especie. Velaí a lamentábel realidade da nosa frota bacalloeira, que contrasta con esa outra visión fiticia evidentemente interesada- que nos ten cualificado aos galegos, de xeito tan inxusto como irreal, de esquilmadores do mar. Contra o que se poida pensar, o problema de fundo non se deriva do mal estado dos recursos, senón da distribución dos mesmos entre as diversas frotas. Galiza non conta con voz nin voto nese proceso de asignación de cotas, e o Estado español, historicamente, ten abdicado da defensa do sector pesqueiro galego neses caladoiros. En definitiva, o problema é eminentemente político, non de falta de recursos. Claramente, o peculiar criterio de reparto de cotas de captura de bacallau que se ten utilizado, tamén por parte da Unión Europea, resulta abertamente discriminatorio con Galiza, pois relega á nosa frota a unha posición marxinal, excluíndoa na prática como frota comunitaria. Basten algúns exemplos para ilustrar esta realidade marxinadora. En augas de Gronelandia (territorio, por certo, baixo soberanía danesa estado membro da UE- mais que conta cun acordo pesqueiro coa propia UE), só poden faenar buques daneses, franceses, alemáns e británicos; nas illas Feroe (tamén dependentes de Dinamarca), buques de Alemaña, Franza, Reino Unido e Dinamarca; en Kattegat buques con bandeira de Dinamarca, Alemaña e Suecia; na zona IIIa do Mar do Norte (augas comunitarias nas que non deixan pescar aos buques galegos), poden faenar buques de Bélxica, Alemaña, Dinamarca, Franza, Holanda, Suecia, Reino Unido e Noruega (estado que non forma parte da UE!!); na zona III bcd, tamén en augas da UE, poden faenar buques de Dinamarca, Alemaña, Finlandia, Suecia, Letonia e Polonia; na zona de Skagerrak buques de Bélxica, Dinamarca, Alemaña, Holanda e Suecia. En todos estes caladoiros Galiza ten expresamente prohibida a pesca de bacallau. Porén, e completamente á marxe da realidade descrita, en moitas ocasións tense construido, como cobertura ideolóxica de decisións políticas contrarias aos noso intereses, unha idea que ten calado en parte da sociedade galega: Que a pesca é unha actividade que ten que ir morrendo, que non ten futuro, e que ademais a frota pesqueira galega é especialmente esquilmadora. En definitiva, o caldo de cultivo ideal, no plano ideolóxico, para xustificar a desaparición do sector pesqueiro galego. Sexamos conscientes desta realidade e dos poderosos intereses económicos e comerciais, foráneos, que impulsan esta corrente de pensamento.

Unión Europea: Ruina da pesca galega- A Unión Europea ven de aprobar o denominado Fundo Europeu da Pesca (FEP), como instrumento financiero en materia de política pesqueira para o periodo 2007-2013. Van destinados a este fin un total de 3.849 millóns de euros a distribuir entre os 25 estados membros da UE, dos que 1.013 se reservan ao Estado español. Uns 400 millóns virán para Galiza. Desde instancias progresistas e conservadoras (na nova terminoloxía en uso, por non dicer desde o PP e o PSOE) dánselle os parabéns a este chuva de millóns de euros. Todo o que veña para Galiza está ben, dinnos. Cantos máis cartiños, mellor. Precisamos da solidariedade europea. Por nós mesmos non podemos sair adiante Estes son os poderosos argumentos dos que fan bandeira da dependencia, da subordinación, da obediencia cega. Dese europapanatismo acrítico que tanto mal lle ten feito ao noso país e á súa conciencia. Porén, e xa o denunciou o BNG, o importante non son os cartos que van vir a Galiza, senón o destino destas partidas, os seus obxectivos, a súa aplicación prática no sector pesqueiro galego e, sobretodo, os resultados. E así, temos que todos estes millóns de euros servirán, prioritariamente, para os seguintes obxectivos, non ocultados no FEP: Axudas ao despece de buques pesqueiros. Axudas á retirada temporal de buq ues pesqueiros. Axudas á retirada permanente de buques pesqueiros. Xubilacións anticipadas de mariñeiros. Reconversión de mariñeiros a outras actividades laborais. Subvencións para a reasignación de buques pesqueiros a outras actividades distintas da pesca. Subvencións para o afundimento de buques pesqueiros para criaren arrecifes artificiais. Este é o panorama. Que non nos enganen: A Unión Europea continúa a inxectar morfina institucional cartos- para procurar unha morte dóce, sen dor, ben subvencionada, para un sector produtivo como a pesca. O resto é propaganda e unha visión falseada, suaviña e mol do que en realidade é a Unión Europea, e do modelo específico de inserimento da Galiza e do sector pesqueiro galego no seu seo. O que nos ven enriba, meus amigos e amigas. Iso si, máis unha vez, o nacionalismo galego, en solitario, na defensa da pesca galega e do futuro desta vella nación mariñeira que é Galiza.

MARIÑEIROS GALEGOS SEN DEREITOS CIVÍS- Resulta curioso. Como é coñecido, nas próximas eleccións municipais poderán votar unhas 300.000 persoas que conforman o Censo de Residentes Ausentes (CERA), que maioritariamente nin nasceron na Galiza, nin nunca estiveron nela, nin coñecen a dinámica política do noso país nin do concello no que van votar. E ademais, sen garantía no exercicio do voto, sen urnas, con inscricións duplicadas, e mesmo con actuacións que xa transgreden o límite do paranormal: VOTAN OS MORTOS. Tranquilidade, todo perfeitamente legal, ainda que daría para un proveitoso estudo sobre a razón que leva a que os difuntos galegos non só se distingan polas súas aparicións, senón porque ademais se lles recoñece dereitos civís e exércenos!! O CERA representa xa e vai en incremento- o 15% do corpo electoral galego. Hai concellos nos que se acerca ao 50%. En definitiva, o actual sistema electoral permite alterar xa o ten feito: lembremos a primeira maioría absoluta de Fraga- a vontade democrática dos galegos e galegas de aquí a través de métodos aberrantes. Grazas aos sucesivos gobernos españois e aí non hai diferenza entre PP e PSOE- pasan estas cousas. Iso si, emigrantes galegos en Canarias ou Madrid están privados de dereitos políticos na Galiza. Tamén é unha grande preocupación para o Goberno español garantir o dereito ao voto por parte de, por exemplo, as tropas españolas de ocupación no Afganistán. E así vai ser. Como xa aconteceu no seu día no Iraque, estabeleceranse mesas electorais de campaña para posibilitar o voto de oficiais e soldados. Mentres, milleiros de mariñeiros galegos embarcados nas frotas de altura e grande altura ou da mariña mercante en todos os mares do mundo non teñen recoñecidos os seus dereitos civís. Svalbard, NAFO, Mauritania, Angola, Guiné, Malvinas, Índico, Pacífico, son algúns dos caladoiros nos que faena a nosa frota pesqueira, e nos que se botan moitos meses sen tocar porto, encontrándose en moitas ocasións en alta mar durante todo o proceso electoral, desde a súa convocatoria até o día das votacións. Non é de recibo que a estas alturas haxa un importante colectivo de traballadores que non poden votar nin ser votados, base democrática do réxime político vixente. Si son cidadáns, os mariñeiros, para pagaren os seus impostos, mais non para lles seren recoñecidos os seus dereitos sociolaborais (o 85% dos mariñeiros galegos carecen de convenio colectivo) nin civís, como o de poder votar. Esta situación é imoral e escandalosa, e representa unha auténtica fraude democrática. Non se pode falar en rigor de democracia cando existen milleiros de traballadores deste país que non poden votar, non porque non queiran, senón porque o Goberno español non lles recoñece dereitos civís. Así de sinxelo. Neste ámbito si hai acordo entre PP e PSOE, e nin migalla de crispación. Puros intereses electorais. Non hai problema en aproveitarse da miseria da emigración galega en Sudamérica, en inflar censos ou mesmo facer votar aos mortos (e non vos é cousa de Iker Jiménez, senón da legalidade española). O problema, que non é técnico, senón político, é que hai mariñeiros galegos cun voto que non é teledirixíbel dende Madrid ou dende os servizos consulares. Ou que teñen na CIG o sindicato maioritario en moitas destas frotas. Aí cambia o conto!

É de xustiza a discriminación do galego?- Me tienen harto con el tema del gallego ¿Y los derechos de los que hablamos castellano? É grave ter que escoitar estas palabras dirixidas a quen só pretende facer uso lexítimo do idioma galego, lingua propia de Galiza e de uso maioritario entre a poboación. Mais son intolerábeis, do ponto de vista democrático, se quen as pronuncia é unha persoa que imparte xustiza, neste caso o xuiz decano do Xulgado do Social nº 3 de A Coruña. É curioso que, como noutros episodios de natureza similar, a vítima da discriminación lingüística convérsese en culpábel da situación de conflito. É o caso de Paulo Carril, Secretario Comarcal da CIG nA Coruña, que cometeu a ousadía de se expresar en galego no xuizo, na súa condición de testemuña nun xuizo por motivos laborais realizado o 24 de Xaneiro de 2007. Afortunadamente, quen coñecemos a Paulo Carril, sabemos da súa coerencia, tamén lingüística, que practica en todos os ámbitos da súa vida, e que puxo en evidencia algo que non é novo: a discriminación excluinte da nosa lingua no ámbito xudicial. Estou convencido. Non é posíbel impartir xustiza na Galiza por maxistrados que non coñecen o idioma galego. Se ademais o desprezan, o conflito está servido. Non é alleo a esta realidade o feito de que maxistrados, xuices, fiscais e secretarios xudiciais dependan directamente do Goberno español, existindo, con carácter xeral, pouca ou nula disposición ao uso do galego por parte dos funcionarios e funcionarias xudiciais, así como a utilización de programas informáticos nos que o idioma galego está radicalmente excluido. Neste contexto, actitudes firmes en defensa do galego como a mantida por Paulo Carril- nas vistas orais, e a denuncia (conscientes das consecuencias práticas que se poden derivar) son instrumentos imprescindíbeis para que a nosa lingua nacional conquiste tamén o ámbito da xustiza. A outra posibilidade, a da reivindicación política e o traballo institucional, ainda conscientes da dificuldade que representa a actual distribución competencial, debe tamén server para este obxectivo. En definitiva, manter a tensión.
Jose Manuel Lage
- España pide á UE medidas urxentes a favor da Pesca
- DEDUCCIÓN DE 400 EUROS NO IRPF
- Hernanes
- GALICIA LOGRA QUE A GASOLINA TEÑA O MESMO TRATAMENTO FISCAL QUE O GASOIL PROFESIONAL
- Volver al hogar común
- 37º Congreso Federal PSOE
- Galicia, o nome do noso País
- Pradolongo supera a Indiana Jones
- A Coruña retira a simboloxía franquista
- O blog de Mar Barcón
Blas Garcia

37C. A mañá do día 1º día- “A veces no se sabe si Mariano piensa lo mismo que Rajoy”, esta foi unha das frases de Pepe Blanco durante a súa intervención na apertura do 37 Congreso, e coa que coincido plenamente. Este Congreso está transcurrindo de maneira tranquila, ata o de agora, o certo é que só se celebrou a apertura. Polo que [...]

37C. Madrid…Madrid…Madrid- Xa estamos en Madrid. Cunha puntualidade asombrosa chegamos ao Aeroporto de Barajas, á famosa T4. Madrid recíbenos con bastante calor tal e como me pronosticou xa o meu amigo Manolo Fontenlos, un experto nesto da meteoroloxía --nunca falla-; cando saímos de Santiago empezaba a chover miudiño. No aeroporto en Santiago, coma sempre que viaxo en avión, [...]

37C. Viaxe á Capital do Reino- Hoxe marchamos para Madrid a currar ao Congreso Federal do PSOE. Eva, Paula, Xusto e eu saímos as nove da noite de Lavacolla para cubrir o Congreso. Tres días --unha fin de semana- na capital do Reino de España pasando calor e coidando que non se nos perda ningún dos membros da delegación do PSdeG. Máis [...]

Un premio ao traballo- Xavi Hernández é un deses xogadores que non pasa desapercibido nun campo de fútbol, pero que non chega nunca á categoría de crack. É un futbolista humilde, calado, …, un currante con clase que pasa desapercibido durante un partido, porque son outros os que levan os trofeos, os parabéns e saen nas fotos. Pero que [...]

Puidemos- Fai menos dun mes poucos eran os que confiaban en que a selección española de fútbol puidese gañar a Eurocopa. Se alguén se atrevese a dicir algo así a principios de xuño diriamos que estaba tolo, ou que era un soñador. Pero, tras o Podemos lanzado como slogan pola cadea de televisión Cuatro agochábase unha [...]
Ivn Puentes

Dios, La Virgen y el Presidente Uribe!- “Primero doy gracias a Dios, luego a la Virgen, al ejército… y al Presidente Uribe!”. Teño algo de sono, onte quedei até tarde vendo en directo pola televisión a chegada a Bogotá de Ingrid Betancourt e das demais persoas rescatadas das poutas, cada vez menos guerrilleiras, no sentido clásico e político, das FARC. Escoitei con atención a intervención de todos eles e, á marxe da excelente nova que supón dende o punto de vista humanitario, o acto destilaba un noxento cheiro a democracia tutelada e a autobombo gobernamental case intolerábel ética e democraticamente. “Primero doy gracias a Dios, luego a la Virgen, al ejército… y al Presidente Uribe”. Con estas palabras comezou Betancourt a súa intervención, pouco antes de axeonllarse cun rosario na man ante o clérigo de turno que lles daba a bendición…. Segue lendo o artigo en A Nosa Terra

Opa Perlío, opa Perlío, opa Perlío campeón!- Ignacio, o compañeiro de Mugardos, concelleiro e seguidor do Galicia que aparece no centro, bautizou esta imaxe como "As dúas caras dunha copa". Os dous, xunto con José Antonio, vímonos este sábado no campo de fútbol de San Sadurniño, porque, xusto o día antes da final da Eurocopa, Ferrolterra viviu outra gran final, a da Copa da Ría, que se disputaron o Perlío e o Galicia. O sorriso amplo e gustoso de Ignacio, oposto ao noso, tímido e posado para a foto, revela xa o resultado, 4 - 2 para o Galicia de Mugardos, pero iso foi tal vez o de menos. Para un coma min, que se define como ex-futboleiro, logo da paixón polo Depor vivida nos anos adolescentes, foi un pracer ver fútbol de verdade unha vez máis; sen o negocio, o posado e todo o envoltorio artificial que rodea ao fútbol profesional. Simplemente rapaces de Fene xogando polo puro placer de xogar contra os de Mugardos, centos de veciños e veciñas de Perlío dando cor, diversión e animación á grada, porque nisto si que lles gañamos aos do Galicia (síntoo, Ignacio!) e dúas afeccións que, á marxe de picadas mutuas, souberon gozar xuntas do fútbol. Como dicía, independentemente da anécdota do resultado, por darlle sentido a este deporte, por facernos sentir orgullosos do noso pobo, Opa Perlío!

Feneuropa- Onte clausuramos Feneuropa, o primeiro paso do camiño que Fene, da man do Consello da Xuventude de Galicia, acaba de iniciar para favorecer os intercambios e estancias dos mozos e mozas do noso concello nos demais países da Unión Europea, durante 2 meses, 6 meses ou un ano; así como para favorecer a posta en marcha en Fene de proxectos sociais desenvolvidos por rapaces europeos e financiados pola Unión. Nisto consiste, a grandes rasgos, o Servizo de Voluntariado Europeo, que coa experiencia e contactos adquiridos en seminarios deste tipo, acabaremos implantando no noso concello. Desde o luns, 23 mozos e mozas de case outros tantos países europeos traballaron a tope na Casa da Cultura, ademais de coñecer o pobo e a comarca. A nós, aos membros do Concello, nos ensinaron moito máis do que podan imaxinar sobre como traballar en políticas de mocidade, especialmente no plano internacional. Era o debut de Fene en experiencias deste tipo e creo que pasamos a proba con nota. A descrición dun seminario coma este nunca está completa sen falar do plano máis persoal. A amizade, o bo rollo, a complicidade… afloraron dende o primeiro día, tanto que o venres, na cea de despedida, todos nos sentíamos xa membros dun grande equipo que daba moita mágoa ter que disolver. Ademais do aprendido tecnicamente, a pegada que as boas persoas de Feneuropa nos deixaron a tódolos membros do Concello, será imposible de borrar. Infinitas grazas a Yolanda, Rut, Suso, Azucena, Loli, Leo, Richard, María, Maris, Francesco, Gregor, Celia, Anne, Adrián, Erol, Helena, Kemal Onur, Rusudan, Silvia, Edu e tamén a Joana. Descargar foto de grupo en tamaño grande / Download large size group photo

Sacrificar unha ría- Estes días recibín duns amigos un documento que durante moito tempo pensei que non era máis que unha lenda urbana das moitas de San Caetano, "Elementos para unha ordenación íntegra dos usos do medio litoral de Galicia". Trátase dun traballo encargado pola Consellería de Pesca do penúltimo goberno do PP e elaborado por Enesto Penas, antigo alto cargo da Xunta e técnico da U.E. en Bruxelas; traballo que pretendía sentar as bases para iniciar unha ordenación integral do medio mariño e da franxa litoral de Galicia. O texto recolle algunhas reflexións intreresantes sobre a Ría de Ferrol, a sacrificada: Dada a tendencia sinalada ó aumento da poboación costeira, non é en absoluto descartable que a necesidade de crear emprego leve a establecer excepcións á aplicación do principio de desenvolvemento sostible, especialmente tendo en conta que en determinado tipo de industrias os métodos contra a contaminación son extremadamente custosos e a súa aplicación obrigatoria pode constituírse en importante factor disuasorio para a empresa implicada. Obsérvase unha clara incompatibilidade entre o interese xeral (instalar industrias que crearán traballo) e o interese particular (a degradación ambiental e destrucción de recursos naturais na zona de instalación) […] O interese xeral de Galicia pode facer necesario a instalación destas ou outras industrias […] a súa radicación precisa conta coa oposición de tódolos concellos ou barrios nos que se intente facelo […] En tal situación pode ser relevante formularse aquela cuestión, […] a posibilidade de sacrificar unha ría […] que podería ter sentido se ten como contrapartida a de garanti-la preservación das demais rías de Galicia. En canto ás posibles zonas candidatas […] parece obvio que a Ría do Ferrol é a que reúne máis características idóneas: unha importancia relativamente menor dos seus recursos naturais […] unha man de obra con capacitación industrial e unha necesidade social imperiosa de reindustrialización. Aí o tedes, unha zona tan rica coma a nosa "sacrificada" a golpe de despacho en nome do interese xeral de Galicia; tendo en conta, iso si, que debido á fame, á "necesidade social imperiosa de reindustrializacion", iamos ser os que menos protestásemos, quizais. O desenvolvemento sostible nunca debe ter excepcións, porque sempre se traduce no mesmo, pan para hoxe, pero fame para mañá, é dicir, pobreza.

As Pontes, construíndo a paisaxe- Movido pola curiosidade política, ademais de polo sentimentalismo, pois no lugar que hoxe ocupa a enorme mina estaban hai anos os prados nos que os meus avós alimentaban ás súas vacas, visitei esta semana, de xeito privado, ENDESA As Pontes. Xa coñecía a empresa, pero aínda non vira en directo o lento e impresionante traballo de inundación da antiga mina, traballo que dará como resultado no ano 2012 un lago artificial cunha superficie similar á de toda a zona urbanizada da cidade da Coruña. Moitas veces o paso do tempo nos fai relativizar os feitos presentes. Estou seguro por iso de que dentro de non moitos anos veremos e valoraremos este espazo, hoxe destrozado dende o punto de vista ecolóxico, como unha das principais reservas de flora e fauna da zona. A antiga escombreira, de varios kilómetros de lonxitude e que hai pouco tempo era unha paisaxe case lunar, pode ser un bo exemplo, hoxe ten xa zonas de bosque e de lagoas absolutamente deliciosas, nas que abundan as especies vexetais e animais, fundamentalmente as aves. Algúns científicos, totalmente independentes, apuntan xa á especial protección que este enorme espazo natural requerirá no futuro, chegando incluso a insinuar a súa incorporación ó Parque Natural das Fragas do Eume. Se todo marcha segundo o previsto, parece que ENDESA atinou plenamente na solución definitiva para a súa explotación a ceo aberto, pese ó escépticos que algúns éramos hai uns anos. Este espazo debe ser a partir de agora patrimonio de todos e todas.

Fuera de Carta- Ademais de cumprir coa rutina anual de acudir á ofrenda a Pablo Iglesias no Cantón de Molíns e manifestarme logo xunto cos compañeiros/as de UGT e CC.OO. adiquei este primeiro de maio a ir ao cine; tocou de novo peli española, comedia neste caso. Acabo de chegar de ver "Fuera de Carta". O cine español ten múltiples problemas, pero non dende logo a falta de creatividade e de orixinalidade. Javier Cámara, Lola Dueñas ou Fernando Tejero están excepcionais, a sala escachaba coa risa en varios momentos. Se vos gusta a comedia, non deixedes de ila ver, será unha das películas do ano.

Pradolongo- A pesares do moito que teño que madrugar mañá, non quero deitarme sen antes falarvos un anaco de Pradolongo, a nova longametraxe de Tamara, unha marabillosa amiga da que xa vos teño falado, que protagoniza este filme de Ignacio Vilar con Rubén Riós e Roberto Porto. A historia é das que a un lle penetran no máis fondo a medida que vai avanzando a metraxe e das que, como as boas esencias, provocan sensacións que quedan atrapadas e que afloran en forma de constantes réplicas ó longo dos días seguintes. É unha película diferente, orixinal, quizais non tanto pola historia, que é cotiá, como polo ambiente e o xeito de narrala. Como dicían Tamara e o director na presentación que fixeron este venres en Fene, estamos acostumados a ver no cine historias de americanos, pero non historias de galegos, rodadas aquí e que reflictan as nosas costumes, a nosa forma de ser. Isto fai que a película chegue, que nos identifiquemos con ela. Sobre Tamara creo que obxectivamente podo dicir que está espectacular. Estou seguro de que máis cedo que tarde esta muller triunfará plenamente, porque é realmente boa profesional, ademais de excelente persoa. Desde aquí quero transmitirlle todos os ánimos posibles nestes duros días de promoción e moitísima sorte con esta película, que en Galicia xa está arrasando en taquilla. Nunca perdas a inocencia tan impura coa que nos acarician os teus ollos e a túa alma! Se vivides por Ferrolterra, podedes ver Pradolongo nos Cinebox do Centro Comercial Odeón (Narón). Recoméndovola!

Espectáculo no Eume, a pesares da sequía- Esta tarde subín á Presa de Goente (As Pontes) para comprobar o que onte me dixeran Nacho e Alex, que estaba unha vez máis desbordando; a impresionante fervenza que se forma é dos espectáculos "naturais" máis fermosos que se poden ver no inverno de Ferrolterra. A pesares das poucas chuvias deste ano, é certo, a presa está chea e a auga leva xa uns días saltando por riba do muro. Como xa vos dixen nalgunha ocasión, se nunca vistes isto, merece a pena. Nun post que escribín o ano pasado, explicaba o doado que é chegar.

28 anos despois- Igual que nesta imaxe, hai hoxe 28 anos a miña nai e máis eu pasábamos a tarde nunha habitación do Hospital Arquitecto Marcide; ela cre lembrar que na 322. Aquel día eu tiña unhas poucas horas de vida e ela estaba a se recuperar do tremendo esforzo que tivo que facer durante 8 meses para que eu puidese chegar a nacer. Hoxe o hospital xa non é do INSALUD, é do SERGAS e a pranta xa non é a terceira, senón a quinta, pero a situación non variou moito. Ela, traballadora infatigable, está de novo a recuperarse para seguir loitando, desta dunha operación de xeonllo; eu, algo máis grandiño, paso as tardes ó seu lado, pero en lugar de comer e durmir, axúdolle coa rehabilitación, paseamos, falamos, lembramos… Aínda que seguro que non sería o que desexase se puidese ser quen de decidir o noso destino, hoxe, por primeira vez, ela e eu celebramos o meu cumpreanos exactamente no mesmo lugar no que hai 28 anos celebrábamos o seu feliz parto. Dime que se atopa moi ben, menos cansa que entón, pero que quen lle dera ter os 39 anos daquela tarde de 1980. É maravillosa! Moitas grazas a todos e todas os que hoxe me felicitastes e me fixestes chegar dun ou doutro xeito o voso cariño e moitas grazas tamén a todos aqueles que, tendo intención de felicitarme, vos esquecistes; compréndovos, porque sabedes que a min sempre me pasa ;-)

Os machistas non defraudan…- …non defraudan nunca a pouca fe de reciclaxe mental que moitos temos depositada neles. Hoxe confesábame unha destacada dirixente do Goberno Galego que cando escoitou o martes a Carme Chacón dicir aquilo de "Coronel, mande firmes!" formigoulle o corpo coa emoción; algo semellante sentín eu. As plumas máis destacadas da caverna mediática da dereita deixaron onte publicadas milleiros de letras que arrecenden a machismo rancio. Podían criticar ó goberno con centos de argumentos, pero, para non defraudarnos unha vez máis, atacaron ó novo executivo desprestixiando ás súas mulleres, especialmente a Carme Chacón, seguro que o nomeamento que máis lle doe á testosterona resesa destes tipos. Destaco o publicado por Pedro J. no editorial de El Mundo: "el gran problema que se va a plantear a corto plazo para que la ministra pueda asumir sus responsabilidades […] es su próxima maternidad. Es absurdo que pueda plantearse una situción límite como el derribo de nuestros helicópteros en Afganistán, el asesinato de los agentes del CNI en Irak o la muerte de los soldados en el Líbano con una ministra de baja maternal […] No podrá asistir durante muchos meses a las reuniones de sus colegas en la OTAN, estará impedida por su embarazo para visitar a los soldados españoles […] y sumirá a su departamento en una fase de provisionalidad mientras se pone al día y compatibliza la tarea ejecutiva con la atención a su bebé." A que ninguén se cuestionaría tal estupidez se un ministro home tomase posesión cando estivese a punto de ser pai? Claro que non, porque nin Pedro J. nin moitos outros entenden como obriga dos homes o coidado dos seus fillos, pero si de Carme Chacón e do resto de mulleres. Outro ídolo ideolóxico da dereita, Luis María Ansón, non quixo ser menos que o seu director e nunha columna titulada "Zerolo, ministro de Defensa" soltou babosadas coma estas: "A Zapatero no se le ha ocurrido hacer a Pedro Zerolo ministro de Defensa. ¡Qué fallo! Hubiera resultado más provocador, más progresista, más ingenioso que el nombramiento de la simpática guapita treinteañera. […] Sobre todo, porque Zerolo tenía pensado nombrar a su ilustre marido subsecretario del ministerio y Jefe del Estado Mayor de la Defensa." Ademais dunha certa repugnancia, sinto lástima de que aínda neste país alguén poda publicar tales barbaridades machistas e homófobas sen avergoñarse. Son os mesmos que tamén oubean en contra da creación do Ministerio da Igualdade, pero son a mellor proba da súa necesidade e do atinado da política de Zapatero.
Chuza!

Pintadas neonazis en Ferrolterra- Nos últimos meses puidemos ver por toda ferrolterra fachadas recen pintadas esnaquizadas por unha pintada que pon "Galicia Es España" firmadas con "USGalicia" ou R.M.F.C. acompañadas en todo momento por unha clara simboloxía neonazi e un correo electrónico que non porei por que é ilegal pero que está escrito en centos de paredes de ferrolterra.

Concerto em apoio a Carlos Cela na Corunha- Concerto em apoio do preso Carlos Cela secuestrado polo Estado dende há seis meses pola sua causa solidária. Actúam:Los Mariscal del Infierno (Barcelona), Piratas go to Hell (A Corunha). Domingo 6 de julho na Casa das Atochas. Carlos livre ja!

O Concello de Santiago négase a entregar un informe policial ao Defensor do Pobo