Novas visitas a Arxentina

Segundo nos informan, esta  fin de semana terá lugar un novo desembarco de candidatos e alcaldes do PPdeG en Arxentina; en total, 17...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/04/2007

O día 13, serán os candidatos populares da Cañiza e Crecente os que se reunirán cos emigrantes. O 14 serán os de Mondariz, Campo Lameiro, Vilagarcía de Arousa, Bueu, Arbo, Sanxenxo, Meaño, Poio, Covelo, Tomiño, As Neves, Caldas, Cuntis, Moraña e O Porriño. Todos coincidirán co ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, que intervirá nun acto que se celebrará no Teatro Avenida de Bos Aires o día 14 e para o que se precisa invitación.

Tamén o vindeiro 15 de abril chega a Arxentina o presidente de Extremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, en visita oficial.