Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2008
Aínda que na Executiva nacionalista se deron as pertinentes explicacións e se enmarcou este cambio en razóns de "publicidade e marketing", o certo é que ter pasado do vermello ao azul ten causado sorpresa. Non son poucos os que identifican esta decisión coa intención da dirección nacionalista de aproximarse aos votantes tradicionais do PP. "É coma dicirlles que nós xa non somos vermellos, somos azuis, coma os populares", apunta un dirixente santiagués.
Hai quen especula coa posibilidade de que, de seguir por este camiño, tamén se faga desaparecer a estrela en vindeiras campañas publicitarias. "É o que nos queda para convertirnos no PP bis", retranquea o mesmo dirixente.