Reportaxe.- O fenómeno ovni en Vigo

Non hai nin tres meses que dabamos aquí conta do avistamento dun posible ovni en Vigo. Desde entón foron varios os avistamentos de "obxectos non identificados" nos ceos da cidade...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/05/2009

O primeiro "avistamento" tivo lugar en febreiro. Desde entón tense constancia da aparición de varios novos "obxectos voantes non identificados", que ben poderían corresponder a avións ou meteoritos. En todo caso, os autores das grabacións teñen a súa propia teoría ao respecto.

O moldavo que grabou o primeiro obxecto tamén ten colgado na súa conta de youtube un novo o avistamento o 19 de febreiro, aínda que, neste caso, parece tratarse dunha montaxe.

Logo destes avistamentos tiveron lugar outros en datas sucesivas. O 17 de marzo outro avistamento semellante ao grabado en vigo aparece nos ceos da Coruña. Trátase dun "objeto luminiscente" que comeza a ser grabado ás 22.00 horas. Dous días despois, o 19 de marzo ten lugar un novo "avistamento" en Vigo. "El Presente Vídeo Lo Grabé Recientemente, El Día 19.03.09 San José, En Vigo-españa. Podemos Observar Y Constatar, Que El carro De Fuego Blanco De Los Llamados (ovnis En La Actualidad), Vuela A Muy Baja Altura, Y Sin Embargo, Deja Tras De Si, Una blanca Y, resplandeciente Estela.. ¿cómo Es Esto Posible? Como Sabemos Sólo Los Aviones Cuando Evolucionan A 10.000 Mtrs O Más, Pueden Hacerlo", asegura o autor deste video.

En abril, e no entorno da ría de Vigo, en Moaña, outra persoa graba unha "luz misteriosa" que, segundo di, aparece "varias noches".

Os avistamentos de novos obxectos continúan en maio. O 1 de maio unha nova "luz" aparece nos ceos de Vigo. Tes outro video do mesmo avistamento, aquí. O autor destas grabacións, que moi elocuentemente se fai chamar "luzmarte2003", volve grabar un obxecto semellante ao avistado o 19 de marzo o pasado domingo, 10 de maio, que ben pode ser un avión ou un meteorito. Segundo el: "El presente vídeo describe el paso sobre el cielo de la ciudad de Vigo.Galicia.España. y lo he registrado desde la ventana de mi domicilio en la ciudad antes descrita. Como se puede ver el referido objeto volante en su discurrir por el cielo sobrevoló parte del tejado de mi domicilio por eso pude registrarlo desde la ventana de mi sala de estar. Al ver las imágenes y analizarlas, las preguntas surgen inevitables. ¿¿¿Qué avión tiene esta forma que muestra las presentes imágenes que en su vuelo recuerdan (curiosamente) a un METEORITO descendiendo sobre la Tierra???... ¿Porqué se oye un extraño ruido como de una sierra eléctrica gigante a su paso cuando más cerca de mi se encontraba el referido que se desvaneció poco después??.. Tengo que informar que el hecho se desarrolla en domigo y como biensabemos no es laboral, y mucho menos cuando la obra, (la única que podría ser por su cercanía) es oficial, --se ve parcialmente en el presente vídeo una grúa-- el Concello de la ciudad está actualmente construyendo el Auditorio de Congresos. Recuerdo que este dato, (el del ruído como de una sierra eléctrica de grandes dimensiones) es coincidente con múltiples avistamientos de estos fenómenos que han reportado diferentes testigos que los han visto...". Antes, o 3 de maio, un veciño de Rianxo asegura ter visto un "ovni real" mentres graba coa súa cámara, aínda que o que só se ve unha pequena luz.

Os avistamentos de obxectos en Vigo non son novos. Xa en 1970 correron ríos de tinta sobre a aparición, durante duas horas, dun obxecto plateado nos ceos da cidade galega. Tamén no 69 o exército recupera un suposto ovni no entorno de Ferrol. Sobre o fenómeno ovni en Galicia tes unha interesante reportaxe de Nacho Mirás aquí. A finais de abril, TVE emitía unha reportaxe sobre o avistamento de ovnis en España.