A Orquestra Olympus pide desculpas

Peke, o membro da orquestra que arremeteu de xeito iracundo contra quen lles acusaron de sexistas, homófobos e racistas, rectifica nun post publicado no blog da orquestra.

Por Alberto Quian | Santiago | 21/08/2010

 

Parece que a presión mediática, cidadá e mesmo política levou ao vocalista Peke Moreira a publicar unha entrada no blog na que, ademais de pedir desculpas polos seus insultos e vexacións verbais, expresa en nome da Orquestra Olympus o seu respecto por todas as mulleres e o colectivo de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais de Galicia.

 

Este é o texto que publicou o vocalista de Olympus:

Hola a todos/as, soy Peke:

Desde la orquesta Olympus y sobre todo en mi nombre, lamentamos profundamente las palabras salidas de tono que se dijeron en este blog y a preguntas de una periodista; estas declaraciones fueron hechas en un momento inoportuno después de varias semanas de presión sobre el comportamiento de las Orquestas y desde la rabia y sin reflexión por las acusaciones de racismo y homofobia, lo que tampoco las justifica.

Queremos expresar nuestras más sentidas disculpas a todas las personas que se hayan podido sentir ofendidas y mostramos nuestro respeto absoluto hacia todas las mujeres y el colectivo de gays, lesbianas, bisexuales y transexuales de Galicia.

Un saludo de Peke orquesta Olympus”.

En principio, este xesto foi ben recibido, mais con algunhas reservas, por Panteras Rosa Galiza, activistas anti-LGBTfobia que iniciaron no seu blog unha recollida de sinaturas entre cidadáns e organizacións para esixir á Orquestra Olympus en particular, e ao resto de orquestras galegas, a inmediata reformulación dos seus espectáculos de maneira que erradiquen o sexismo, a homofobia, o racismo e calquera valor discriminatorio..

Panteras Rosa Galiza fixo esta primeira valoración a Galicia Confidencial:

Em princípio podemos dizer-che que nos parece positivo este pronunciamento, mas queremos saber em que se concretiza realmente. Vai haver algumha mudança sobre os cenários? Isso é o que realmente nos interessa”. Se non é así, “a campaña seguirá o seu curso. Pola vía da denuncia social e pola vía xudicial se for necesario”, comentan.

Pouco despois, esta organización publicou un novo post no seu blog no que, ademais, quere deixar ben claro que “a organización Colega [que mediou neste asunto], liderada por uns oportunistas apadriñados polo Partido Popular, non nos representa como LGBTs galegas”.

Non compartimos en ningún momento os seus posicionamentos nin recoñecemos as/os seus integrantes como compañeiras e compañeiros. As Panteras Rosa como frente activista séntese partícipe dunha nova etapa do movemento LGBT de Galiza. Ese que hai máis de 20 anos que traballa no país polos dereitos das lésbicas, gays, bis e trans”, aclaran.