A agresión aos xornalistas no campionato de caza do raposo chega ao Congreso

Ningún dos cazadores que agrediron física e verbalmente aos informadores foi sancionado nen posto a disposición xudicial.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 03/02/2012

O deputado catalán de EU, Joan Josep Nuet, rexistrou esta semana no Congreso unha batería de preguntas para coñecer a opinión e posibles xestións do goberno central sobre as agresións a polo menos dous operadores de cámara en Pontecaldelas durante un campeonato de caza de raposo.
 
Os feitos, que tiveron lugar en xaneiro de 2011, foron condenados polo Sindicato de Xornalistas, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación Animalista Libera, quenes pediron á Delegación do Goberno a apertura dunha investigación formal e de xeito paralelo, a posta a disposición judicial dos responsables dos actos violentos contra os informadores. Un ano despois ningún dos autores foi sancionado nin detenido, o que supón a xuizo de Nuet “un serio perigo que cidadáns pacíficos e xornalistas sexan ameazados coas propias armas de fogo polo mero feito de non compartir a pervivencia desta actividade”.
 
“Actividade de risco”
 
Tanto Nuet, quen tamén é membro da Asociación Parlamentaria en Defensa dos Dereitos dos Animais (APDDA), como LIBERA! subliñan que o traballo diario dos xornalistas en eventos polémicos como festexos taurinos, actividades cinexéticas e festividades con animais poden ser unha verdadeira actividade de risco para os profesionais, como proban as recentes agresións a dúas informadoras na localidade valenciana de El Puig.
 
Os animalistas advirten que estes actos violentos, cada vez máis habituais, supoñen un grave atentado contra o dereito á información, e o feito de producirense en espazos públicos crea auténticos espazos de censura, impostos por quenes se divirten co maltrato cara os seres vivos.