O que custan as “consultas” de Carlos del Álamo

Unha empresa da que é presidente recibe recibe tres meses despois de crearse case 84.000 euros dun concurso do Eixo Atlántico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/08/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Carlos del Álamo foi conselleiro con Fraga e tocolle lidiar, entre outros, co desastre do Prestige que o deixou moi tocado no seu posto. De feito, non tardou en ser substituído. Como outros moitos altos cargos co PP buscou outras ocupacións e, entre outros postos é agora presidente decano da Asociación y Colegio de Ingenieros de Montes de España.

Carlos Del Álamo, ex-conselleiro de Medio Ambiente. Foto: ingenierosdemontes.org
Carlos Del Álamo, ex-conselleiro de Medio Ambiente. Foto: ingenierosdemontes.org

Tamén preside, desde novembro de 2012 a Agrupación Europea de Interés Económico Noroeste Peninsular (AEIE) . Unha empresa á que, curiosamente, adxudicouselle un contrato tres meses despois da súa creación, en febreiro de 2013.

As tarefas para as que foi contratada foi por “Servicios de dirección y realización de los trabajos y actividades necesarias para la finalización del proyecto desarrollo sostenible urbano”, un proxecto cofinanciado polo POCTEP e que foi adxudicado por 83.800 euros sen IVE. 

O concurso non tería nada de extraño pero, curiosamente, Xoan Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo Atlántico, leva exercendo neste cargo dende 1995, época na que Del Álamo era conselleiro e nunha época na que este organismo dependía, en parte, do seu departamento.

A empresa que preside del Álamo, é adxudicataria, tamén en febreiro de 2013 polo Eixo Atlántico, doutro contrato,“externalización de la gestión y servicios de la Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico”. Sen embargo, este concurso foi sen custe algún, algo moi extraño neste tipo de procesos segundo as fontes consultadas.

Outros concursos polémicos

Del Álamo tamén foi denunciado por obter contratos sospeitosos xusto hai un ano. Entón, a CIG-Administración presentou unha denuncia por presunto delito de prevaricación contra a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana; o Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e o Secretario Xeral Técnico; Francisco Vidal. 

Acusaronos de adxudicar a Natutecnia e INAER por 6,6 millóns de euros o servizo de helicópteros e as cuadrillas contraincendios sen garantir os principios de concorrencia competitiva, igualdade e publicidade. As adxudicacións tampouco foron publicadas nin no DOG, nin no Boletín das Comunidades Europeas.

A central nacionalista denunciaba entón que a Consellaría do Medio Rural e do Mar pretendía privatizar as brigadas helitransportadas do Servizo de Prevención Defensa Contra Incendios forestais (SPDCIF) e aseguraba que coñecía aos gañadores do concurso.

Curiosamente, Carlos del Álamo foi directivo de Natutecnia, segundo denunciara a CIG en 2012, aspecto que non figura no Rexistro Mercantil segundo contrastou GC.

Este contrato abranguería non só o alugueiro dos medios técnicos, neste caso os helicópteros que aportaría INAER, senón a dotación de persoal que prestaría o servizo neles e que achegaría NATUTECNIA.

Nova contrata

Hoxe mesmo a Xunta acaba de adxudicar o "contrato do servizo integrado dun helicóptero e dos técnicos coordinadores de medios aéreos con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2013, 2014 e 2015" a UTE formada porInaer Galicia, S.L., Inaer Helicópteros, S.A. e Consultoría Natutecnia, S.L.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 O Licitador

Entón que carafio fago eu concorrendo aos procesos de licitación? Se és político non mo digas..! E se és o adxudicatario non te rías..!

5 xan soares

4 El PPresidente

Todo queda en casa.

3 Foucellas

A boa política é a que "xestiona" os bens do pobo con honradez e eficacia. A boa educación pública é a que fai cidadáns libres, críticos co sistema e con capacidade de esforzo persoal. A política PP-SOE é de corrupción. A política nacionalista é cainista. A política de esquerdas é de capeliñas. A educación actual serve para segregar en listos e burros (xa o están a facer en colexios públicos) e para facer alumnos "ácratas" e "analfabetos funcionais". A educación relixiosa xa sabemos como é, pon ovos en todas partes, sementa superstición cunha man e pillería coa outra.

2 Foucellas

A culpa de quen é, de quen votan ao PP-OPUS DEI. Misa, hipocresía, ignorancia e " moito zafado no ensino" que non sabe educar aos alumnos/as na conciencia social e no ben común. Cando pasan os séculos e non muda nada é porque pobo ten o que se merece. ¡Sarna con gosto non pica! E o nacionalismo dos seminaristas da UPG non soubo mudar á sociedade, foi de guerrilleiro e cando quixo ir de político foi de cultureta. Así nos vai.

1 galegoexiliado

¿Culpables de qué?¿Ti viches a algún militante ppoppular sen emprego?. Os barons e altos cargos repartense os grandes negocios, ós militantes de base e familiares colócanos na administración, e para os votantes sempre haberá algún posto temporal nalgunha brigada de obras ou antiincendios... ¿Culpables e qué? ¿Crees que a maioría da oposición non está desexando subirse ó carro?¿Que fixeron cando gobernaron, e qué fan en moitos concellos?.....

2 Lubre

Coñezo o caso dun militante do PP. Non tiña moito futuro mais, hoxe, ocupa un cargo en certa deputación. Como o logrou? Misterio. Polo que se ve, todo está ben amañado nesta Terra. Uns compran con tratos de favor, -sempre, claro está, valéndose das institucións públicas como se fosen propias-; outros venden a alma que, nestes casos, adquire a rara forma de voto incodicional.