Por GC Tendencias | Compostela | 09/01/2014 | Actualizada ás 11:42
Pinturas electrónicas. Esa é a oferta artística do pintor catalán, residente na Illa de Arousa, Luis Berroy. Oito destas pinturas e un acrílico en tea de gran formato poderán verse a partir deste venres na exposició 'Proxemia' que o autor inaugura na Casa das Crechas.
Luis Berroy (Barcelona, 1972) é un artista que ten colaborado en Laboratori del Caos e no proxecto Arts Combinatòries da Fundación Antoni Tàpies. A súa obra combina procedimentos pictóricos e electrónicos, nos que a tinta, o gouache e a pintura acrílica son unha base esencial. Ao mesmo tempo experimenta co debuxo fractal e o glitch. Desde o 10 de xaneiro ao 10 de febreiro, a mostra ofrece 8 pinturas electrónicas e un acrílico en tea.
A súa formacion artística recibe achegas do campo da animación e das artes plásticas. En 1996, a través de Animàtica mergullouse no espazo CGI grazas á animación 2D e 3D. Paralelamente, formouse en deseño gráfico e concluíu a carreira de Belas Artes, enfocada no itinerario de Pintura. Colabora en Laboratori do Caos e no proxecto Arts Combinatòries da Fundació Antoni Tàpies. Tamén participou nos colectivos The Art Stage e Walking Gallery.
Máis información sobre o autor: http://www.luisberroy.eu
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.