E insisten en chamarlle "Sangenjo", tamén no programa Xacobeo 21-22

O partido socialista considera "inaceptable" que o Goberno galego sexa partícipe deste maltrato á nosa lingua.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/02/2022 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a participación da Xunta na promoción dun programa radiofónico de Jiménez Losantos dende a vila de Sanxenxo "no que inclúe a forma toponímica inexistente de Sangenjo". Díaz alerta de que este nome figura xunto co logotipo oficial do Xacobeo 21-22 Galicia.

Federico García Losantos promocionando 'Sangenjo'
Federico García Losantos promocionando 'Sangenjo'

A responsable socialista considera "inaceptable que o Goberno galego sexa partícipe deste maltrato á nosa lingua, tanto por non ter sometido a control toda a publicidade sufragada con fondos públicos como para non actuar unha vez coñecido este atentado á nosa toponimia". Apunta que precisamente esta "clara deturpación da nosa toponimia" resulta "máis grave, xa que conta co financiamento da Xunta de Galicia, concretamente do Xacobeo 21-22.

Explica que a toponimia é definida e protexida "como parte do noso patrimonio cultural inmaterial", de acordo coa "extensa e indiscutible literatura normativa", dende a Lei de Normalización Lingüística e os decretos que a desenvolveron, o Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004, a Lei estatal de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de 2015, ou a Lei de Patrimonio cultural de Galicia de 2016.

Por este motivo, conclúe Díaz, "sorprenden na actualidade determinadas manifestacións que se levan producindo no ámbito público sen que o Goberno galego tome ningunha medida contundente ao respecto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Riolo

Por cierto, el gran Federico está encantado con la publicidad gratuita a su programa, y no digamos Vox.

3 Xian do Sil

Pero que ganas de perder el tiempo con evidencias tan simples. Sangenjo en español se llama así, aunque en gallego sea Sanxenxo, como London es Londres en español. o New York es Nueva York. Pero todavía la Telegaita hablará de Xetafe y Xaén.

1 Arriba Azaña

Es un pueblo con un nombre oficial, el nombre Sangenjo ya no existe, no hay traducción pertinente.

2 Riolo

En cambio, a denominación oficial de Jaén pode ser traducida, e a denominación oficial de Getafe, por suposto. Evidentemente é un problema de ignorancia, xa que a postura oficial da RAE é clarísima. En fin, a traxedia da LOGSE.

2 Sentidiño

- Soy Rajoy y voy a Raxoi que tengo una junta de la Xunta...

1 Moine

O patrioterismo espanhol negador das nações da península, é: feixismo. O sipaio de Frijol convida ao fala-barato de Jiménez los Santos, e por enriba, Nós temo-lo que pagar com os nossos impostos. Tratam-nos como servos, e ainda há um sector de galeg@s que vota PP. Manda caral…!

1 Breixo Borrajas

Eu nego a existencia de nacións no Estado Español e non son un fascista, defendo un estado republicano democrático e social forte, cunha economía ao servizo das capas populares de todo o país. Así que antes de xeneralizar mellor é analizar ben as cousas.