Por E.P. | A Coruña | 05/05/2022 | Actualizada ás 19:15
O exalcalde da Coruña José Manuel Liaño Flores faleceu, motivo polo que o Concello herculino mostrou o seu máis "fondo pesar". A alcaldesa, Inés Rey, trasladou, coincidindo coa sesión plenaria deste xoves, o pésame á familia e amigos en nome de toda a Corporación.
Liaño Flores, que cumprira cen anos, era natural de Monforte de Lemos,aínda que desde moi novo a súa vida estivo vinculada coa cidade da Coruña. Cursou estudos de Dereito e exerceu como avogado e xuíz.
Como alcalde remodelou o Parque de Santa Margarita, inaugurou a Presa de Cecebre e iniciou as obras do Cemiterio de Feáns, entre outras actuacións.
Tamén desde a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana manifestaron o seu pesar pola morte do primeiro alcalde tras a morte de Franco. Do seu labor como alcalde, destaca a apertura ao tráfico da Rolda de Nelle ou a creación do Colexio Universitario da Zapateira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.