Un dos problema do bono gratuíto de Renfe: a xente reserva e logo non viaxa

O delegado do Goberno pide un "uso responsable" dos bonos gratuítos en tren para evitar problemas coas prazas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2022 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Nos últimos días estanse dando problemas de certo colapso en determinadas liñas dos trens de media distancia en Galicia por supostos "colapsos" tras acollida masiva que tiveron os bonos gratuítos do Goberno central. Uns problemas que, en boa medida, están causados pola reserva de prazas que logo non se cubren e do que chegaron varias testemuñas á redacción do Galicia Confidencial.

Varias persoas fan cola para adquirir un abono gratuíto na estación de trens en Santiago de Compostela
Varias persoas fan cola para adquirir un abono gratuíto na estación de trens en Santiago de Compostela | Fonte: Cesar Argina - Europa Press

"Dá rabia cando miras a aplicación e ves que o tren vai case colapsado e non hai prazas e logo chegas, sobes nel, e o vagón vai a dos tercios da súa capacidade", asegura un dos usuarios consultados.

"USO RESPONSABLE"

Por iso, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, instou a un "uso responsable" dos abonos gratuítos para viaxar en tren, implantados polo Executivo central, ante as queixas de usuarios sobre a falta de prazas, en concreto no Eixo Atlántico e o Corredor Avant Ourense-A Coruña.

"Non é un problema de prazas se non de reserva de prazas que quedan baleiras", dixo a preguntas dos xornalistas. Ademais, incidiu en que houbo nas mesmas un reforzo, con "14.000". "Con novas frecuencias e recuperando liñas como a de Ourense-Santiago de primeira hora".

"Que teñamos eses problemas en certas frecuencias demostra que a medida foi ben acollida, masivamente a xente está a coller os bonos", sinalou Miñones. No entanto, asegurou que se trata dunha medida "nova" coa que se está "aprendendo".

Por iso, non descartou, ante os problemas denunciados, que se adopten outras decisións como "seguir mellorando as liñas ou reforzando nas que haxa máis problemas". Por outra banda, fixo un chamamento ao incidir en que "moitas destas liñas non son ao cento por cento ocupadas" por existir reservas de prazas que logo "non se ocupan".

Por este motivo, pediu "responsabilidade" a quen non as vaian a usar para anulalas e deixalas libres, á vez que instou a "non acumular viaxes nas frecuencias máis demandadas". A iso, sumou sacar os billetes de "forma anticipada". En canto aos que non fan uso das prazas, aínda tendo o bono, non descartou a posibilidade de expor sancións. "Pero de momento imos buscar a responsabilidade da xente", insistiu.

DESCONTOS EN AUTOBÚS

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fixo estas declaracións nun acto en Betanzos, no que reivindicou os descontos do Executivo central nos billetes de autobús. Fíxoo nunha visita ao municipio coruñés para abordar o funcionamento dos descontos activados polo Goberno desde o pasado 1 de setembro no transporte público terrestre, onde destacou o "aforro para as familias".

O delegado valorou o impacto desta decisión en Galicia pola dispersión poboacional e a existencia de 3.400 liñas interurbanas. José Miñones puxo en valor o desconto do 50% do prezo do billete do que gozan os usuarios, do que o 30% está custeado polo Goberno central mentres o 20% restante é complementado pola comunidade autónoma, lembrou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta