Aumentan os hospitalizados e os casos activos de Covid en Galicia durante a ponte

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os pacientes ingresados con Covid-19 en Galicia aumentaron nos últimos días e sitúanse en 167, 159 en planta e oito en unidades de coidados intensivos, o que supón 24 máis que os cuantificados na xornada anterior. Do mesmo xeito, os casos activos alcanzan os 1.326, que son 197 máis que os rexistrados o mércores. Ademais, o Sergas notificou un novo falecemento, polo que as vítimas de Covid en Galicia ascenden a 3.982 desde o inicio da pandemia.

Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, o último deceso produciuse na área sanitaria da Coruña e Cee. Trátase dun home de 95 anos que tiña patoloxías previas. En canto aos casos activos, Galicia rexistra un total de 1.326, o que supón 197 máis respecto ao mércores. Segundo os datos notificados este venres pola Consellería de Sanidade recollidos ata as 18,00 horas deste xoves, soben en todas as áreas sanitarias. En concreto, na área sanitaria de Vigo rexístranse 291 (+38); en Ourense, 235 (+68); A Coruña, 231 (+4); Santiago, 199 (+28); Lugo, 149 (+25); Pontevedra, 128 (+20); e Ferrol, 92 (+14).

HOSPITALIZADOS

Respecto dos pacientes hospitalizados, os datos coñecidos este venres reflicten unha subida, tanto en planta, onde se atopan nestes momentos 159 ingresados (+22), como en unidades de coidados intensivos, con oito ingresados (+2).

Do total de hospitalizados, 49 atópanse na área sanitaria da Coruña; 31 na de Ourense; 24 na de Vigo; 22 na de Santiago; 21 na de Lugo; 14 na de Pontevedra; e seis na de Ferrol.

A terraza dun bar, na praza do Obradoiro
A terraza dun bar, na praza do Obradoiro | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta