Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 18:24
O Comité Executivo Nacional de Vox ratificou este mércores ao empresario José Enrique Fernández del Campo Carreño, coñecido como Pepe Celedonio, como candidato á Alcaldía de Ferrol.
Segundo informa nun conmunicado, casado e con dous fillos, Fernández del Campo é graduado en Dereito, titulado en Mediación Civil, Mercantil, Social e Familiar e conta cun Máster en Dirección Comercial e de Mercadotecnia. Destaca, así mesmo, a súa longa traxectoria como empresario e que é profesor nunha Escola de Negocios.
Ademais, Fernández del Campo estivo vinculado moitos anos ao mundo do deporte como directivo na Federación Española de Pádel. Durante máis de 6 anos foi director da revista oficial da Federación.
Coa designación do candidato de Ferrol, Vox pecha a listaxe de candidatos no sete cidades de Galicia, uníndose aos xa anunciados candidatos da Coruña (Eva Castro); Lugo (Sonia Teijeiro); Ourense (José Troncoso); Pontevedra (Manuel Torres); Vigo (Álvaro Díaz-Mella) e Santiago (Fernando Maio).
Vox tamén ratificou este martes a unha nova candidata de Vox na provincia de Ourense. En concreto, na localidade de Avión, onde se presentará Lilian Cerdeira, directora executiva comercial e consultora de desenvolvemento de negocios en liña en marcas de luxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.