InicioSucesosOs equipos de emerxencias auxilian aos dous ocupantes dun turismo tras saírse...

Os equipos de emerxencias auxilian aos dous ocupantes dun turismo tras saírse da vía na AP-9, a altura da parroquia viguesa de Cabral

Os dous ocupantes dun turismo foron auxiliados polos equipos de emerxencia, aínda que non foi necesario empregar o material de excarceración xa que bastou con forzar unha porta para liberar ás vítimas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os dous ocupantes dun turismo foron auxiliados polos equipos de emerxencia tras saírse da vía o vehículo no circulaban na AP-9, entre o quilómetro 156 e 157, ao seu paso pola parroquia de Cabral, en Vigo. Segundo informou o 112, foi un particular o que alertou do suceso sobre as 10.00 horas deste domingo. Así, sinalou que o turismo quedou envorcado tras varias voltas de campá e, engadiu, que no interior podía haber persoas feridas e atrapadas.

A central de emerxencias avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo. Unha vez no punto confirmaron que non foi necesario empregar o material de excarceración xa que bastou con forzar unha porta para liberar ás vítimas. Para o operativo tamén solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- A tumba dun xenocida en Pereiro

A tumba do mausoleo do capitán Carrero Verges no Cemiterio de Pereiro de Vigo,...

Caballero acusa ao PP de Vigo e de Mos de actuar “coordinados” para oporse ao novo tramo da A-55, no túnel ao Porriño

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este martes ao PP de Vigo e ao...

Pídenlle 3 anos de cárcere por atropelar a outro en Vigo e deixalo en estado vexetativo mentres conducía drogado

Un condutor de 51 anos enfróntase a 3 anos de cárcere e á perda...

O BNG critica o “oscurantismo” na tramitación do PXOM de Vigo

O grupo municipal do BNG de Vigo volveu a denunciar este martes a "total...