Por GcToday | Galiza | 01/11/2015 | Actualizada ás 10:00
Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva puidese igualar. E abofé que o conseguiu.
Netfilx negociou en segredo coa TVG a cesión en exclusiva dos dereitos de ‘Pratos Combinados’. A negociación, segundo fontes da compañía, foi doada. Encargouse o propio presidente da Xunta de Galicia de falar cos directivos da compañía americana e, en dous minutos, xa estaba acordada a privatización da serie galega que, a partir de agora, soamente se poderá visualizar nesa plataforma de contidos.
O partido político Ciudadanos xa protestou pola inclusión da serie e defendeu que se dobrara ao español ‘El español estaría seriamente amenazado si hay una serie en gallego en Netflix. Soalmente quedarían unos pocos cientos en castellano. Es inadmisible’, declararon.
Galicia Bilingüe xa se ofreceu a dobrar de balde a serie e anunciaron que estaban en conversas co actos Manuel Manquiña para que prestara a súa voz a Miro Pereira mentres que Gloria Lago sería quen poría a voz española de Balbina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.