Temas: ELECCIóNS

Nós valora o resultado como "malo sen paliativos" e produto da campaña na televisión

Carlos Callón, Noa Presas, Olalla Rodil e Carme Adán comparecen para avaliar o 20D. Esta parte do nacionalismo de esquerda perde os seus dous representantes no Congreso e vere adiantado por En Marea e, incluso, Ciudadanos.

Por Galicia Confidencial | | 20/12/2015 | Actualizada ás 23:31

Comparte esta noticia

"Malos sen paliativos". Así de clara foi a valoración dunda das cabezas de cartel de Nós  Candidatura Galega, Noa Presas, número 1 por Ourense.

Candidatos de Nós aplauden durante a valoración dos resultados do 20D
Candidatos de Nós aplauden durante a valoración dos resultados do 20D

Con máis do 90% do voto escrutado no país a coalición que lidera o Bloque Nacionalista Galego queda moi lonxe de entrar no Congreso. Os nacionalistas perden este 20D case 7 puntos porcentuais respecto hai catro anos. Adeus tamén aos dous representantes na Cámara Alta.

Quen tiña máis opcións para entrar era o candidato pola Coruña. Carlos Callón aceptou a derrota ao dicir que "David non sempre vence a Goliat e David non puido vencer a catro Goliat" en referencia a PP, PSOE, Podemos (en Galicia parte de En Marea) e Ciudadanos. E é que incluso o partido de Albert Rivera, con pouquísima organización na autonomía e sen apenas propostas para o país, superou aos de nós tanto en representantes como en porcentaxe.

En Nós hai decepción esta noite. Carme Adán así o recoñece, pero tamén dise contenta pola campaña. "Sabemos que e un momento duro e que moitos tedes bágoas nos ollos. Pero estamos orgullosos do traballo" dixo na comparecencia ante os medios a cabeza de cartel por Pontevedra, a outra provincia onde había un deputado polo Bloque. 

Dende Lugo, a xornalista Olalla Rodil destacou que "non puidemos contrarestar unha dura campaña de catro forzas na televisión". Dende un principio da campaña a coalición lamentouse de estar supostamente lonxe do foco de atención dos grandes medios, sobre todo os estatais.

 

NÓS-CANDIDATURA GALEGA (BNG-CG-FOGA-PCPG-PG) 65.726(4,32%) 0 BLOQUE NACIONALISTA GALEGO 184.037(11,18%) 2

 

 

Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

10 Andurique

En Poio goberna o BNG desde hai décadas facendo museos a Colón, mantendo rúas a franquistas e a típica política de "ti vai facendo". O resultado nestas eleccións é que o BNG é a quinta forza do concello. E Marea 2192 votos contra os patéticos 494 de Nós. E iso que o alcalde é da UPG... é dicir: infalible.

1 17 votos!

Iso non é nada: 17 votos en Ribeira de Piquin. O concello é pequeno, pero dalí procede a cabeza de lista doe Nós-BNG. Olalla Rodil. Ela mesma votou alí, debe ter pouca familia, escasos veciños e menos amigos. Superados pola Marea, por Ciudadanos... Desta o BNG desapareceu, queimado polos estrategas que escolleron purismo. Vence a que esperas para deixar de ser o títere do aparato e dimitir?

9 manolo xentonis

A xente do BNG tivo a resposta popular axeitada. Estes 60 mil votos son sen dubida a resposta popular aos insultos verquidos contra ás outras formacións de esquerdas e ao sectarismo que sempre ten caracterizado ao Bloque. Seguide así, que ainda se pode chegar a ter 20 mil, 10 mil ou cincocentos votos.

8 L. Ramos

Estamos igual: o nacionalismo galego tiña 2 deputados (BNG) e ten 2 deputados (Anova-Mareas), grazas a que o BNG non apostou polo pacto e a que os de Anova-Mareas xa tiñan apalabrado, en Galiza os de Podemos e IU pescan 4 deputados (o dobre que os nacionalistas). Logo, traballamos para os de fora. O que outros dixeron: Vence dimision e Beiras-Martiño-Ferreiro sentidiño, que xa esta ben de ir de cabalo de troia.

1 Paña

Creo que as contas son: ANOVA: 3 deputados; PODEMOS: 2 deputados e 1 senador; IU: 1 deputada e 1 senadora (unha rapaza descoñecida que saíu senadora por Pontevedra levando máis votos que Ferrín, por exemplo, tamén candidato ao senado por Pontevedra e de Anova).

7 Antolín o dos cubatas

Pensa dimitir a Executiva de mantidos da CIG que, sen consultar a ninguén e nun acto de absoluto nepotismo, chamaro a votar por NOS caga ?

6 ALEX889

Fixéchedes unha campanha moi boa. A mín impresionoume. Conéctachedes conmigo moi ben. E non porque senha do voso pau. É que foi moi boa. E Carlos Callón o fixo moi ben. Parabéns Carlos! Demostráchedes que sodes xente que sabe. Unha vez dito isto non queda outra que a seguir. Pero dígovos que non son subscriptor do SERMOS porque en papel é moi malo o periódico. Hai moitas cousas que mudar. Esa mesma campanha podería estar reflectida no SERMOS. E non un periódico copado por xente anquilosada. Máis nada. Moi boa campanha. Moi ben Carlos Callón. Pero poucos votos. Pensade que aínda que haxa moitos colectivos afíns ó nacionalismo en xeral moita desa xente non serve. Refírome á esquerda da esquerda. Levan 40 anos co mesmo discurso e moitos deles son fascistas disfrazados de nacionalistas. Sabémolo moitos por propia experiencia.