Dépor, abonado ao empate

O equipo deportivista desperdicia numerosas ocasións para gañar e firma unha nova igualada, 2-2 co Betis. Quinto empate consecutivo e 14º na Liga en 24 xornadas. O Dépor suma xa dous meses sen gañar.

Por gcdeportes | A Coruña | 14/02/2016 | Actualizada ás 01:29

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
Deportivo 2:
Poroto Lux; Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro (Luisinho, 63’); Álex Bergantiños, Pedro Mosquera; Cani (Fede Cartabia, 55’), Fayçal Fajr, Luis Alberto (Oriol Riera, 79’) e Lucas Pérez.
Real Betis 2: Adán; Montoya, Bruno, Westermann, Vargas; Kadir (Cejudo, 69’), Petros, N'Diaye, Musonda; Van Wolfswinkel (Dani Ceballos, 62’) e Rubén Castro (Jorge Molina, 89’).
Goles: 1-0: Álex Bergantiños (minuto 15). 1-1: Musonda (minuto 20). 1-2: Vargas (minuto 38). 2-2: Fayçal Fajr (minuto 51).
Árbitro: Undiano Mallenco (navarro). Amarela a Álex Bergantiños (min.52) do Dépor.
Incidencias: partido da 24ª xornada da Liga BBVA no estadio municipal de Riazor ante 17.184 espectadores.

Fayçal Fajr celebra cun baile o gol do empate.
Fayçal Fajr celebra cun baile o gol do empate. | Fonte: lfp.es

Ata quince ocasións claras contabilizou Víctor Sánchez del Amo, pero o Dépor marcou só dous goles. Cometeu tres erros en defensa, e o Betis marcou outros dous, segundo o técnico local. O Dépor desperdiciou innumerábeis ocasións para marcar, perdoou o terceiro gol e tivo que conformarse cun novo empate, quinto consecutivo, o 14ª en 24 xornadas de Liga, todo un récord histórico. O conxunto deportivista non gaña dende o 19 de decembro, dous meses xa, e suma oito xornadas (6 empates e 2 derrotas) sen triunfos.

O Dépor repetiu aliñación do último partido, pero o Betis principiou mellor, con presión en todo o campo e obrigando ao rival a xogar balóns longos. No minuto 10, Rubén Castro puido marcar tras un pase de Lux que se quedou curto, pero o meta arxentino reaccionou rápido para despexar. Malia as dúbidas iniciais, foi o Dépor quen golpeou primeiro: nun saque dende o curruncjo que Álex Bergantiños rematou coa testa, o balón tocou no traveseiro e acabaou na rede. Pero o Betis non tivo tempo para lamentos, xa que cinco minutos despois, nunha rápida contra, Vargas centrou dende a esquerda e Musonda bateu a Lux coa testa.

Malia o gol encaixado, o Dépor reaccionou e firmou moi bos minutos, nos que tivo ata tres ocasións claras de gol: un disparo de Luis Alberto que sacou Adán co pé; un pase cara a Lucas Pérez ao que se anticipou o meta andaluz; e un remate de Cani que Adán despexou a córner. Dominio coruñés, pero de novo nunha contra visitante, no minuto 38, falta de Mosquera sobre Rubén Castro ao bordo da área e Vargas que fai o 1-2.

Un Dépor saiu decidio, e con moito ritmo, a polo partido, e só tardou seis minutos en empatar: xogada de Cani, que pasa a Fernando Navarro e o seu centro á área pequena, tralo erro de Lucas Pérez, chega a Fayçal Fajr que fai o 2-2. O Dépor lanzouse a polo terceiro: Baixo unha intensa chuvia, Fede Cartabia, que entrara por Cani mancado, desperdiciou unha boa ocasión no minuto 58. Tampouco atinou Kadir tras un contragolpe visitante. O partido era intenso e con chegadas nas dúas áreas. Adán despexou a córner un centro-chute de Fajr e o Dépor tivo o gol nun remate de Lucas Pérez que sacou baixo paus Vargas co meta bético xa batido.

O conxunto coruñés chegaba unha e outra vez á portaría rival, pero non atinaba co gol. Adán evitou de novo un par de ocasións de Lucas Pérez. Víctor Sánchez meteu a Oriol Riera por Luis Alberto, e foi o catalán quen tivo a última ocasión, nun remate coa testa que, de novo Adán, despexou a córner. Ao final, reparto de puntos en Riazor, pero boa imaxe dos de Víctor.

Luis Alberto felicita a Álex Bergantiños polo primeiro gol.
Luis Alberto felicita a Álex Bergantiños polo primeiro gol. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta