Miles de persoas toman o Obradoiro para denunciar a situación do sector pesqueiro e marisqueiro

Piden modificacións importantes no sistema de TAC's e de cotas, así como un apoio das administracións a este sector. Os principais dirixentes políticos da oposición participaron nunha protesta que rematou na Praza do Obradoiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2016 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

Miles de persoas desprazáronse a Santiago, pese ao mal tempo, para denunciar a pésima situación do sector do mar, especialmente, o marisqueiro. Unha protesta que se mantivo aínda que a Xunta decidiu, a última hora, retirar definitivamente o anteproxecto da Lei de Acuicultura.

Manifestación de mariñeiros na Praza do Obradoiro
Manifestación de mariñeiros na Praza do Obradoiro | Fonte: Adega

Milleiros de mariñeiros e mariscadores procedentes de zonas costeiras, en turismos propio e en centenares de autobuses custeados por distintos concellos, apostaran nesta manifestación pola  “unidade" do sector.  Nela participaron confrarías, ecoloxistas, sindicatos e representantes de todos os grupos políticos da oposición en Galicia, que quixeron acompañalos nesta acción reivindicativa.

Por iso, reclamaron un “cambio de rumbo" das políticas da Xunta para non ir cara a unha "morte segura" do sector e anunciaron que esta protesta non vai ser a única. “Só é un punto e seguido", dixeron. Precisamente, no Obradoiro leuse un manifesto no que se declararon "abandonados e indignados" porque nin a Xunta, nin o Goberno, nin a Unión Europea "están a defendernos como merecemos".

Nun manifesto conxunto, pediron un cambio no "obsoleto" sistema de TAC's e de cotas que unicamente "enriquece a unha minoría",  propiciar unha maior loita polo sector pesqueiro artesanal, alcanzar o saneamento integral das rías e obter un “verdadeiro respaldo que beneficie ao marisqueo”.

Tamén reclamaron recursos para avanzar no coñecemento de fenómenos como os das mareas vermellas, procurar a efectiva identificación e etiquetaxe dos produtos galegos e lograr outra forma de proceder nas hostes gobernantes. “Todo isto redundará en máis emprego e riqueza para Galicia”, suliñaron.

Mariñeiros participan nunha manifestación en Santiago a prol do sector marisqueiro e pesqueiro
Mariñeiros participan nunha manifestación en Santiago a prol do sector marisqueiro e pesqueiro | Fonte: Adega

O presidente da Federación Galega de Confrarías, Tomás Fajardo, destacou que "a unión fai a forza" e urxiu a "cambiar a forma de facer as cousas". Pola súa banda, o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, apuntou que "sen o mar como é a día de hoxe, Galicia non existe" e o presidente da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido, "Xocas", reclamou que non se empuxe a un sector á "asfixia".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, insistiu en que non se tomen decisións "de costas" aos axentes implicados e espetou con contundencia a mensaxe de que deste xeito non se lexisla". O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, lembrou que "hai que estar na rúa porque o modo de vida de tanta xente non se pode pór en perigo" e o aínda portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, criticou "o abandono e a deslealdade" co sector pesqueiro.

Pola súa banda, o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, subliñou que a estratexia “da brigada de demolición e exterminio instalada na Xunta" é a de "acabar con todo o que constitúe a forma de subsistencia da Galicia máis popular".

Nenos cunha pancarta en defensa do sector pesqueiro e marisqueiro
Nenos cunha pancarta en defensa do sector pesqueiro e marisqueiro | Fonte: @Benito_Portela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Contacontos

De que fala Beiras? que conte como conseguiu a cátedra no franquismo. Grazas o sogro que despois sería o delegado do goberno españolista. Mellor estaría calado.

1 vieiras do rio

que tirste os merdeyanos... en 96 paxinas entregadas o pe$oe ... NIN UNHA... NIN UNHA estaba adicada a Galiza nin no tema da pesca... como pode ser con milleiros de familias vivindo da pesca, coa tradición mariñeira da Galiza, cos aportes o pib do sector productivo do mar... esta xentualla das merdeyas non fose quen nin de adicar no tema da pesca NADA NIN UNHA LIÑA DE TEXTO A GALIZA, señores son expañolistas son de secano están vivindo do conto, nos concellos, no parlamentiño galego o famoso e putrefacto AGE (asamblea gallego-española) e agora a merdeya no parlamento expañol... señores o AGE e maldito entre os malditos e moi traidor!!!!