Por un Plan B pra Europa

Somos moitas as persoas que queremos unha Europa Social, Democrática, Solidaria dos/as cidadans/as, unha Europa na que se respeten os dereitos humanos e a dignidade das persoas.

Por Celso Posada | Ferrol | 06/03/2016

Comparte esta noticia

Somos moitas as persoas as que rexeitamos e que nos opoñemos rotundamente o Tratado de Libre Comercio( TTIP) entre EEUU e a UE un tratado neoliberal que pretende implantar a dictadura das grandes multinacionais e transnacionais. Somos moitas as persoas que nos opoñemos e loitamos contra esta Europa na que vivimos unha Europa Neoliberal, insolidaria, antidemocrática, dos mercaderes e o servizo da Troika, dos grandes banqueiros e das grandes multinacionais na que aplicánse políticas neoliberais, antisociais e austericidas por parte dos gobernos conservadores, liberáis e social liberais pra incrementar os privilexios, as ganancias, as fortunas  e  os intereses de clase dunha minoría privilexiada a costa de empobrecernos e de recortar salvaxemente os nosos dereitos, os nosos salarios e a nosa liberdade as clases populares e a maioría social. 

Por iso moitas persoas firmamos o Manifesto : Por un Plan B pra Europa promovido por activistas, partidos de esquerdas, intelectuais, movementos sociais e que se pode apoiar e firmar na páxina web: www.planbeuropa.es. Hoxe é mais necesario que nunca democratizar radicalmente as institucións europeas pra poñelas o servizo das clases populares e da maioría social e acabar coas políticas neoliberais e de austeridade extrema que incrementan salvaxemente as desigualdes sociais, o paro, a débeda dos países do Sur de Europa. Outra Europa non só é posible senon que é necesaria unha Europa Social, Democrática, Solidaria, dos/as cidadáns/as na que se respeten os dereitos humanos e a dignidade das personas e dos pobos. 

Xuntos/as podemos contruir esta Europa é a hora da cidadanía, é a hora dos pobos é a hora de loitar e de  defender os nosos dereitos, os servizos públicos, a Sanidade é o Ensino Públicos e sobretodo pra  poder vivir con dignidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria na Universidade da Coruña( UDC), Monitor de Ocio e de Tempo Libre. Secretario de Ensino e de Cultura na Executiva Federal do Partido Político de esquerdas, socialista e Republicano Decide en Común e o seu Coordinador en Galicia Activista Social en distintos movementos sociais. Membro das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, da Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración e de Stop Desafiuzamentos- Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.