As mulleres de Gondomar xa poden ir en coche a facer compra sen supervisión masculina

Nuria Lameiro, concelleira de Igualdade polo PSOE, organizou un taller de mecánica para que as mulleres non teñan que pedir auxilio cada vez que pinchan unha roda.

Por GcToday | Gondomar | 23/03/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

gondomar volanteA concelleria de Igualdade explica que os beneficios van moito máis alá de que as mulleres deixen de pinchar rodas, senon que ademáis este curso reducirá considerablemente os ingresos en urxencias. Pois o parecer a incomprensión dese extraño invento chamado “vehiculo” produce un colapso tal na mente femenina que na maioría dos casos as mulleres teñen que ser derivadas o hospital. “Iso sen contar o par de veces que tivemos que decretar estado de alarma” confesa Nuria.

A concellería de Igualdade non ten pensado deixalo ahí e está deseñando un segundo seminario que consistirá en aprender a aparcar. “Inda que a muller sexa por bioloxía máis torpe e inútil, se lle dedica o tempo suficiente pode conseguir incluso non raiarlle o coche ao marido” asegura Lameiro.

Porén, as críticas non se fixeron esperar, o Manifesto Miñor, colectivo co que comparten Goberno, calificou a actitude e as explicacións da concelleira de machistas e inaceptables. Nuria Lameiro, lamenta que os seus socios de Goberno non entendan o empoderamento feminino que hai detrás deste tipo de iniciativas “Estámoslle dando as mulleres o control das tarefas que lle pertencen. Deste xeito, as mulleres poderán ir a compra, facer recados, recoller os nenos e nenas e demáis quefaceres femininos sen ningún tipo de interferencia masculina”.

Tampouco dende a oposición se mostraron satisfeitos. Dende o PP entenden que estes cursos van ter nefastas consecuencias na economía gondorameña, Fernando Guitián, voceiro desta formación explica as razóns “a torpeza femenina está reactivando non só a economía de talleres e tendas de neumáticos, senón tamén as compañías telefónicas, pois cada vez que unha muller pincha unha roda a única solución que ten é chamar ao home, ao pai ou ao fillo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta