Lanzan o licor ‘Veleno Puro’

Prometen que vai ser tan forte que ‘caerás de cu no primeiro lavadeiro que vexas’.

Por GcToday | Compostela | 25/03/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Unha empresa compostelá lanzará un licor café propio que tratará de explotar a viralidade nas redes de Manolo de Xaniño e vano facer invertindo as regras que marcan o márketing. Deste xeito a súa estratexia de ventas será ‘o pior licor café do mundo’ e indicarán na propia etiqueta que non provén de Ourense e que contén un 100% de alcol para así propiciar que os bebedores do seu produto ‘caian de cu no primeiro lavadeiro que vexan’.

A empresa di que está a ter problemas coa saborización do produto. ‘Sabe a raios’, comentan, ‘pero coma case todos os licores café que se venden en Compostela polo que non esperamos que sexa un factor diferencial’. Conscientes de que non van a gañar a batalla pola calidade da bebida declararon que ‘Non prometemos un bo licor café, prometemos Veleno Puro!’.

Segundo informaron fontes da empresa tratarán de contactar co Manolo de Xoaniño para que faga algún spot publicitario e tamén para contar con el como reclamo para a súa marca e así propiciar que as ventas pasen de testimoniais a éxito rotundo. A empresa xa avanzou os deseños preliminares e agardan que o produto estea no mercado na primaveira deste mesmo ano.

manolo de xaniño LK

Tempos Galegos avanza, en exclusiva, a campaña de lanzamento do Licor Café ‘Veleno Puro’

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta