BNG e Anova reuniranse este martes para sondear a posibilidade de ir xuntos ás galegas

O Bloque insiste en crear un polo nacionalista, mentres que Anova aposta por un partido instrumental sustentado no que foi En Marea e con presenza de formacións políticas e colectivos cidadáns nacionalistas e non nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2016 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O BNG iniciou xa contactos con forzas nacionalistas para tentar acadar, precisamente, unha lista nacionalista para as vindeiras eleccións galegas. E, con ese obxectivo, manterá este martes un encontro con Anova, a formación que xa ten dous deputados en Madrid dentro da coalición de En Marea.

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Anova e Cerna nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Anova e Cerna nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas | Fonte: lainformación

Logo da XV Asemblea Nacionalista de Santigo, a nova dirección do BNG acordou emprender novos contactos con outras formacións políticas e colectivos cidadáns para sondear a creación dunha nova candidatura galega.

E, no marco destes contactos, o BNG reunirase este martes con Anova, tras ter mantido xa un encontro preliminar e de toma de contacto con Compromiso por Galicia, que tamén está mantendo a súa propia rolda de contactos con outras formacións de cara as autonómicas deste ano.

Sen embargo, esta xeira de contactos semella condenado ao fracaso. Por unha banda, CxG está dividida internamente sobre a posibilidade de ir nunha lista coas mareas ou camiñar en solitario, xa que a opción de xuntarse co BNG non é ben vista por ningún dos dous sectores se nesa lista non se atopan outros colectivos nacionalistas, nomeadamente, Anova.

E, pola súa banda, a formación de Xosé Manuel Beiras aposta claramente por un partido instrumental, que permita incorporar ás distintas mareas e tamén a partidos políticos seguindo o exemplo de En Marea. Non se pecha, como o BNG, a que nesa confluencia electoral haxa forzas que non sexan nacionalistas.

Nos pasados comicios xerais, tanto o BNG como o BNG acabaron indo en listas diferentes. O BNG pivotando Nós-Candidatura Galega e Anova dentro dunha coalición con Podemos e EU, En Marea. A primeira candidatura non obtivo ningún escano, mentres que a segunda fíxose con seis e quedou como segunda forza máis votada en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

16 vieirismo e expaña e fascio

os -vieiristas = expaña - -vieiras o seu ultimo número foi dun energumeno e un mamarracho

1 eusi

Con estas m_rdas é con quen haberia que ir coaligados? NON GRAZAS!

15 eusi

E recunca! Os dos cornos seguen comandando e recuncando con vellas fórmulas caducas que demostraron non ter ningún apoio da cidadania, e o pior é que queren levarnos a tod*s ao fracaso para salvaren eles o seu c_u. Que se presente a UPG con esas siglas nas autonómicas, é moi fácil: ÁNIMO compañeiros!

1 eusi = garda civil

pareces unha prostituta do PCE expañol anda e vai enxogar a boca de tanto tragar e tragar... expañolista

2 eusi

A vosa teimosia contra grupos que non son dos carneiros é xa patolóxica. Menos mal que o próximo goberno ten pensado medidas para paliar estas doenzas que tanto mal fan. Entre tanto, non esquezas a pastilla prá cabesa meu rei!

14 Ana

Xa era hora!. Anova debe rachar con un partido centralista coma Podemos donde as decisions xa vemos como as toma a cupula e non os circulos. Ou fan isto ou seran o final os españolistas de Podemos os que acabaran presentandose sos as proximas eleccions para apropiarse do "exito" de En Marea e que asi Galiza siga dirixida dende Madrid. Seguimos sin saber cales son as propostas de Podemos para Galiza en cambio os reclamos de Catalunya si son tidos en conta no programa ou nas negociacions con outras forzas. O dia que os galegos non agardemos nada de Madrid e nos organicemos por nos mesmos, ese dia Galiza sera unha nacions prospera, industrializada e donde os galegos deixen de emigrar.

1 LKI

Olvídese. Nin Anova nin as Mareas van ser o bote salvavidas dun BeNeGá que está a recoller o que sementou.

2 vierita a fantastica

ninguen fala mais do putrido AGE???? do invento do -vieiras agora e todo podreiros e merdeya... a merdeya e o invento para anular a podreiros e deixar o ladron e estafador do -vieiras seguir robuando a Galiza no nome da unidade de expaña... -vieira rata expañola

3 vierita a fantastica

ninguen fala mais do putrido AGE???? do invento do -vieiras agora e todo podreiros e merdeya... a merdeya e o invento para anular a podreiros e deixar o ladron e estafador do -vieiras seguir robuando a Galiza no nome da unidade de expaña... -vieira rata expañola

4 eusi

Estar pútrido case é mellor ca estar DESAPARECIDO por méritos propios coma este Bnjajaja desnortado, humillado e esfarelado grazas á atinada visión dos cromañóns descerebrados, e os seus seguidores unineuronais.

13 Héctor Sánchez

Eu creo que é unha xuntanza meramente propagandística nas que o BNG quer transmitir a sensación de que se move. Da igual as xuntanzas que haxa. Anova vai ir dentro de En Marea, e o BNG non vai ter aliados

12 Reboraina

O invento da candidatura instrumental significa que uns apañan e carrexan os votos e Anova pon os candidatos nos primeiros postos.