A xuntanza de BNG e Anova remata con boas palabras pero sen acordos

O partido de Ana Pontón insiste nunha fronte nacionalista e o de Xosé Manuel Beiras aposta por unha gran coalición de partidos nacionalistas e non nacionalistas e agrupacións cidadáns inspiradas no modelo de En Marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2016 | Actualizada ás 22:11

Comparte esta noticia

Boas palabras pero ningún acordo. Así rematou a xuntanza que este martes mantiveron dirixentes do BNG e de Anova para tentar aproximar posicións sobre unha gran fronte electoral de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Cerna e Anova, nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Cerna e Anova, nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas | Fonte: lainformación

E é que os dous partidos mantiveron posturas moi diferentes e case que irreconciliables. O Bloque trasladoulle a Anova a súa vontade a sumar para a conformación dunha candidatura nacionalista de esquerdas, en clave de país e que teña o seu centro de decisión en Galiza. "Unha candidatura derivada dun proceso de acumulación de forzas, moi especialmente, de colectivos e persoas que se sintan nacionalistas, soberanistas ou galeguistas, máis aló de que teñan ou non militancia organizada", apuntaron desde esta formación.

Sen embargo, Anova insistiu na necesidade de sumar ao BNG nunha gran coalición de forzas políticas de ámbito galego e non galego que, segundo apuntou, está en condición de derrotar ao PP. "Unha fronte na que as formacións nacionalistas poidan ter a importancia e o peso que merecen", segundo indicaron fontes desta formación. Con todo, o BNG suliñou que non participará "nunca" dun proxecto non nacionalista.

No que si coincidiron as dúas formacións é na necesidade de derrotar ao PP pola "toxicidade das políticas de Feijóo que teñen derivado en desemprego, emigración masiva de xente moza, devalo dos sectores produtivos, recorte de servizos públicos e de prestación sociais e unha perda de peso político e do autogoberno de Galiza".

Nun comunicado, o BNG agradeceu ás responsábeis de Anova a asistencia ao encontro, que descorreu con cordialidade. Ambas as dúas formacións seguirán coa rolda de contactos con forzas políticas de cara aos comicios galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

7 Porquiño expañol

o vello ´vieiras ou chorreiras ten cada día un aspecto de mais desquiciado ca nunca, deixar todo nas maos dun señor tan mentireiro un proceso politico e ridiculo, sobre todo cando sabemos o do seu estomago que caeu rendido ante os pratos cociñados en podreiros, hoxe mesmo escoitamos que pipo de sanchez e waldo das jons tiveron unha xuntanza politica por telefono, polo visto as axendas dos dous xefes non podian arranxarse... -VIEIRAS & WALDO DAS JONS E GOBERNO DO PP

6 nostrus

Alguno de los foreros que merodean por aqui seria capaz a decirme que ganariamos si dividieramos España en cincuenta naciones, que tuvieramos un monton de lenguas que no fueran intercomprensibles entre si, que tuvieramos diferentes monedas, que un enchufe de la cooriente en Galicia fuera diferente de un enchufe en Zamora. Todo eso es a donde nos llevarian las tesis de los nacionáticos sea cual sea su aroma. Las teorias nacionalíticas van contra la inteligencia. Necionalismos NO, por favor.

1 Buxía de licor café

Non se trata de dividir o estado en 50 nacións, senón de recoñecer que existen territorios con cultura definida e diferente á que impera no estado. Os enchufes ían ser diferentes porque xa que montamos un estado propio botariamos aos caciques. Se estamos nunha democracia será porque se pode discutir de todo e se nunha sociedade o conxunto de persoas que a forman queren formar varios estados; que problema hai? Eu fago unha pregunta: en que beneficiou a Galicia culturalmente formar parte de esta España?

2 nostrus

Probablemente ti confundes cultura con relixion ou pretendes convertir a Galicia nunha inmensa granxa no que todos os membros teñan que ter un comportamento predeterminado a cada individuo como si se tratara dunha banda de musica. A cultura practicase de xeito voluntario, o din a carta dos DDHH.Xa aburrides co tema da cultura, ningunha cultura esta prohibida en españa. Podemos esnaquizar España si asi o quere o conxunto da sociedade, pero non porque o digan catro gatos. Eu creo que Galicia gaña mais aberta que encerrada en si mesma.

3 Buxía de licor café

Non pretendo converter Galicia nunha granxa, pretendo que exista unha revalorización da nosa cultura porque de nada vale ser "cidadáns do mundo" se non tes unha patria, un sistema de valores, unha lingua... Hai dous tipos de cultura: a individual, que pode ser diferente entre tódalas persoas e a cultura que forma unha sociedade. A cultura en Gz está minorizada e iso é semellante á discriminación. Para que Gz estea aberta precisa que exista Galicia, da mesma forma que ti sen a túa personalidade non podes abrirte a outras persoas porque non terías nada que ofrecerlles máis que un molde imposto. Por certo, non me contestaches á pregunta.

5 Man

Podemos -Marea, cando un referendum pra botar fora as bases americanas , sair da Otan, non ao Euro e decidir Monarquia- Republica, de iso non falades.Se de verdade forades rupturistas non houberades saido tanto nas Tv privadas, non sodes a solución senon mais ben un narcotico,, xa non temows folgas nen manifas nen problemas , e si temos nenos, bicos, chegadas en bicicleta,, e si moito amor,, que vos queredes moito vaia , a verdade resulta divertido pero un pouco penoso,, ao final seguiremos co PP pero mais divertidos eso sí.

4 John McNamara

O BNG perde o tempo cos que se marcharon e non aceptaron os resultados de Amio. O proxecto do BNG é claro e coherente, o de Anova nin tan sequer se sabe a onde vai. Terá que ser Anova o que teña que mover ficha no futuro. O BNG ten que buscar unha fórmula para atraer a todas esas persoas que participaron en Nós-Candidatura Galega e que non estaban afiliados ao BNG. Por iso hai que empezar. O proxecto de Anova deixou de ser nacionalista hai tempo.

1 LKI

"O proxecto de Anova deixou de ser nacionalista hai tempo". Así é. O proxecto de Anova é independentista e republicano, centrado na esquerda. O nacionalismo interclasista está amortizado e o BeNeGá está podre, en estado de descomposición. Quen perde o tempo reuníndose con ese corpo morto é Anova.

2 john mac namara

Anova non e interclasists senon republicano eindependentista. Quen afirma isto vai da man dun partido que dia tras dia se propugna como o garante da unidade de Espanha e renuncia aos valores da esquerda. Anova e un partido sen rumbo coherente q vai da man de Podemos por supervivencia mais non por ideoloxía.

3 LKI

O proxecto do BeNeGá é ir sobrevivindo para manter enternamante liberados aos parásitos da UPG/MGS. "Quen afirma isto vai da man dun partido que dia tras dia se propugna como o garante da unidade de Espanha e renuncia aos valores da esquerda", certo: o BeNeGá como apéndice do PsoE nas Deputacións e esbirro do PP/C´s contra as Mareas.

4 john mac namara

Ed ti quen fala de independentismo. Es ti o q dis defender a republica. E por ultimo cando vos escoito falar de mantidos e non de politicad chego a conclusion q sufrides unha frustracion persoal de non vivir disto. Ollade: nin de conhas sodes independentistas nin republicanos nin nada de nada. A vosa praxe e unha contradición absoluta e q xa se empeza a visualizar.

5 Comunista

John, andas tan despistado coma o teu parante da movida madrileña Fabio. Anova ten un proxecto claro dende incluso antes de existir, proxecto cuxos eixos resumíu o propio Beiras na declaración de Láncara: Ética de esquerdas, fraternidade, cooperación e non competición, República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova e nova cultura. http://www.altermundo.org/declaraci...

6 John McNamara

Efectivamente, tanto que a palabra GALIZA non existe xa no vocabulario de ANOVA. Como desenvolver a xustiza social en Galiza? con esmolas de Madrid?

7 Comunista

Iso pregúntellelo aos deputados e deputadas que tivo o BnG en Madrid durante 20 anos, que é o único que fixeron: pedir esmolas.

8 John McNamara

Se os do BNG pedían esmolas, entón os de En Marea non podería cair máis baixo. Facían máis eses dous deputados pedindo esmolas que o ridículo absoluto dos 6 de En Marea. Defendedes o indefendíbel, vergoña deberia de darvos, nen o BNG caiu tan baixo.

9 comunista independentista

Se Anova é tan mala, tan pésima e ten tantos defectos para que andades a suplicar reunións coa súa cúpula?

3 Ana

Hai que por os intereses de Galiza por diante das siglas e sumar todos en confluencia con un programa que fale de soberania, defensa da lingua, defensa dos nosos sectores economicos, plan para facer fronte a emigracion e a perdida de poboacion, banca publica galega para que o aforro galego se invirta en Galiza, tarifa electrica galega, melloras en infraestructuras, potenciar relacions economicas e culturais con Portugal e Iberoamerica, eliminar as deputacions e apostar pola fusion de concellos pequenos, etc. En definitiva unha Galiza prospera, de oportunidades, con identidade propia, que potencie a cultura e a investigacion e desarrollo, que defenda o medio ambiente e que sexa ponte con Iberoamerica e os paises da lusofonia. E todo esto dentro dunha Federacion Iberica. Esto é o que nos ten que unir a todolos galegos e galegas.