A familia do mozo desaparecido pide axuda

Dúbidas sobre se a desaparición do estudante en Santiago puido ser voluntaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2016 | Actualizada ás 23:16

Comparte esta noticia

A familia de Brais Bogo Gaña pediu este mércores a colaboración cidadá. Mostrando unha fotografía do mozo desaparecido en Santiago, fixeron “un chamamento público para que a foto de Brais poida chegar a toda España, por se nalgún sitio poideran velo”.

Brais Bogo Gaña Brais Bogo Gaña
Brais Bogo Gaña Brais Bogo Gaña

O estudante de 24 anos falta dende hai dous días, cando non apareceu no seu domicilio en Ferrol para un xantar familiar, tras saír do seu piso en Santiago de Compostela, onde apareceu a súa carteira coa documentación e as tarxetas.

A familia desconvocou a última hora unha busca colectiva do mozo, por falta de tempo para organizala ben. Hoxe comunicaron que teñen a esperanza de que a marcha de Brais poidese ser voluntaria, aínda que non deron máis información ao respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta