Temas: CINEMA

Sobrevirá o Centro Galego de Artes da Imaxe?

A Xunta ratificou nunha xuntanza coas organizacións sindicais a proposta de amortización de postos de traballo ocupados por persoal laboral no Centro Galego das Artes e a Imaxe (CGAI). Ratificación que se produciu xusto un día despois de asegurar nos medios de comunicación que non faría tal.

Por GC Tendencias | A Coruña | 26/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O sector da Autonómica da CIG-Administración asegura que “non só resultan falsas as afirmacións realizadas na prensa polo goberno galego de que só se propón a amortización de prazas non ocupadas, senón que, nunha clara aposta pola destrución de emprego público, a administración galega, cunha actitude unilateral e pouco dialogante segue adiante coa súa proposta de despedimentos e amortizacións”. 

Interior do arquivo do CGAI
Interior do arquivo do CGAI | Fonte: CIG

Segundo os sindicatos, no Centro Galego de Artes da Imaxe, a Xunta  pretende facer un recorte de máis do 40% das plazas coas que conta este centro para o desempeño das súas funcións habituais e o despedimento do 50% do persoal que actualmente -e desde hai máis de trece anos- se encarga da operación cinematográfica e audiovisual, así como da asistencia técnica da área de proxección cinematográfica.

Lembran que o CGAI é o único centro dotado das últimas tecnoloxías en proxección técnica e cinematográfica, sendo un referente nas filmotecas nacionais e internacionais e que dá soporte ao conxunto do audiovisual galego. De seguir adiante co plan, a Xunta deixará toda esta actividade quedará nas únicas mans dun só técnico especializado. 

Coa amortización de gran parte dos postos de traballo que sustentan o traballo realizado ao longo destes 25 anos  de historia do CGAI, a Xunta  inicia "o desmantelamento encuberto dun servizo público á cidadanía como é o dereito de acceso á cultura". “O desprecio do goberno galego pola cultura en xeral e pola memoria audiovisual colectiva de todo un pobo é indigno e reflexa a falta de autoestima dos nosos gobernantes”, denuncian.

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta