Temas: MONFORTE FUXIDAS

Monforte presume de produtos autóctonos

A cidade do Cabe acolle esta fin de semana un encontro gastronómico no que se poderán degustar e mercar produtos autóctonos da comarca de Lemos e do sur de Lugo.

Por GC Tendencias | Monforte | 27/05/2016 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

Con este evento, que terá lugar o sábado 28 e o domingo 29 de maio, o Concello de Monforte súmase á campaña “Quere o teu mercado” e aposta por incentivar a Praza de Abastos como centro neurálxico do comercio de proximidade e de calidade.

José Tomé, alcalde de Monforte, na presentación da feira gastronómica
José Tomé, alcalde de Monforte, na presentación da feira gastronómica

Estarán presentes nesta Feira Gastronómica un total de 12 postos nos que haberá produtos naturais como mel, pan, marmeladas, cervexa artesá, aceite e mesmo derivados do leite, da castaña e do porco celta.

O alcalde, José Tomé, apuntou que a celebración dunha feira destas características serve de escaparate para os pequenos produtores rurais e supón tamén unha aposta e un recoñecemento a estes “pequenos empresarios” que con tanto esforzo sacan adiante un gran produto elaborado, saudable e de calidade.

O sábado a Feira Gastronómica estará aberta de 10 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20.30 pola tarde. O domingo a Feira só abrirá en horario de mañá de 10 a 14 h.

Temas: MONFORTE FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta