O PP xa dá por feito un pacto entre o PSdeG, as mareas e Beiras

Denuncia que un pacto entre estas formacións "é igual a nada" e ataca por igual ás mareas e aos socialistas por un proceso que di, "é igual a serie Aquí no hay quien viva".

Por Galicia Confidencial | Moraña | 29/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O PPdeG está convencido de que se non gaña nas vindeiras autonómicas por maioría absoluta --ou non lle dan as contas para un pacto con Ciudadanos--, haberá un goberno de esquerdas con "cos socialistas, as mareas e o que queda de Beiras".

Miguel Tellado, Pablo Casado, Ana Pastor e Alfonso Rueda nun acto do PP en Moraña
Miguel Tellado, Pablo Casado, Ana Pastor e Alfonso Rueda nun acto do PP en Moraña | Fonte: EP

Así o suliñou este sábado o vicesecretario de Comunicación do PP e candidato ao Congreso por Ávila, Pablo Casado, que aproveitou un acto en Galicia para atacar por igual ás mareas e aos socialistas.

"Nada, máis nada, máis nada é igual a nada", dixo Casado parafraseando ao presidente fundador do seu partido, Manuel Fraga Iribarne, para dicir que "o PSOE de Galicia, coas mareas e o que queda de Beiras é igual a nada", en alusión a un posible pacto tras as autonómicas entre estas forzas. "As mareas non pintan nada en Madrid", dixo e engadiu que as primarias do PSdeG --ás que comparou coa serie ''Aquí no hay quien viva''-- terán como resultado "un pacto de perdedores" coa coalición En Marea.

"A experiencia que eu teño no Congreso é que as mareas non están a contar", asegurou Casado, para logo facer fincapé no "erro" cometido polo PSOE ao ver o seu "adversario principal" no PP e non en Podemos, que, na súa opinión, o podería superar.

Tamén censurou que as mareas "se arroguen o rexionalismo e o galleguismo", cando "quen mellor o representa" é, ao seu xuízo, o PPdeG: "En Galicia, quen mellor representa a identidade galega, a lingua galega e a cultura e o patrimonio galego é o PP".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 pactamus

Os mesmo que criticaron os pactos PSOE-BNG van aplaudir un pacto PSOE-MAREA, coa diferencia que o Bloque non lle quedaba outra xa que o PSOE tiña moita máis apoio que o Bloque namentres a MAREA podería gobernar en minoría co actual mapa político da xunta

2 Mi no entender

Beiras xa non é das Mareas logo?

1 Agetas das targetas

"Pacto entre o PP, as mareas e Beiras" . O petain do pazo xa vai de novo por libre, polo que vexo. O de sempre.