Temas: EN MAREA

En Marea rexistrará a súa petición de grupo parlamentario o martes no Congreso

Se non é aceptado volverán tentar pactar un grupo confederal con Unidos Podemos, como xa se fixo coa formación morada na anterior lexislatura. Queda no aire a consulta aos militantes sobre a posibilidade de ir ao Grupo Mixto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2016 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

En Marea presentará o próximo martes, no Congreso dos Deputados, a súa solicitude para constituirse como grupo parlamentario propio na nova lexislatura, despois de que nas eleccións do 20 de decembro renunciasen a facelo ante a falta de garantías de non rematar no Grupo Mixto.

Os deputados de En Marea no Congreso
Os deputados de En Marea no Congreso | Fonte: EP

No caso de que se dea unha negativa da Mesa do Congreso á "esixencia" de contar con grupo parlamentario propio, En Marea desenvolverá "as medidas legais oportunas para que esta demanda democraticamente gañada, poida ter curso", é dicir, previsiblemente presentará recurso no Tribunal Constitucional.

Con todo, e se se confirma a negativa a constituirse como grupo, "no marco do diálogo e da alianza fraterna con En Comú e con Unidos Podemos, e co "compromiso da unidade popular e cidadán", os socios de En Marea acordaron tamén que se "exercerá a interlocución e o diálogo necesario para ter un instrumento que defenda á cidadanía galega e manteña as características dun grupo propio, a través da unidade coas confluencias do conxunto do Estado.

Aínda que non o especifican no comunicado emitido aos medios, os socios de En Marea, que este domingo mantiveron unha reunión da mesa coordinadora, planean, deste modo, volver pactar un grupo confederal con Unidos Podemos, como xa se fixo coa formación morada na anterior lexislatura.

Con todo, queda no aire a posibilidade de facer unha consulta á militancia para ver se prefiren ir ao Grupo Mixto ou quedar nun grupo plurinacional con certas garantías de representación propia.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Loureiro

Á conspiradora suprema, Yoli Procesiones, non lle interesa que En Marea teña Grupo Parlamentario

1 A por eles

E que a outra vez co teatro ao final caeron na conta de que nin a pediran. Agora farán un pouco mais de teatrillo pero xa din que se van confederar coa casa matriz madrileña e ter menos minutos que se fosen ao grupo mixto que ninguén se preocupe. Con gallardía cervantina Miguel Anxo ti si que sabes