A agrupación local do PSdeG de Pontevedra propón a Vilán, Manuel Fariña e María Pierres para a lista electoral

A asemblea local de Pontevedra ratificou este martes por aclamación e sen necesidade de votación a súa proposta para a lista que o PSdeG presente pola provincia para as próximas eleccións galegas de outono. Incorpora os nomes da que foi voceiro do Grupo Socialista en O Hórreo nesta última etapa da lexislatura, Patricia Vilán, así como Manuel Fariña e a arquitecta María Pierres.

PONTEVEDRA | 26/07/2016 | Actualizada ás 22:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A asemblea local de Pontevedra ratificou este martes por aclamación e sen necesidade de votación a súa proposta para a lista que o PSdeG presente pola provincia para as próximas eleccións galegas de outono. Incorpora os nomes da que foi voceiro do Grupo Socialista en O Hórreo nesta última etapa da lexislatura, Patricia Vilán, así como Manuel Fariña e a arquitecta María Pierres.

Fontes do PSdeG local ratificaron a Europa Press que a proposta conxunta se aprobou nunha asemblea de breve duración e que se incorporan outros 15 nomes doutras agrupacións que solicitaron ser propostos.

A asemblea local de Pontevedra é a primeira que se celebra dentro das principais cidades -- a de Vigo está prevista para este mércores -- e os nomes saídos desta elevaranse agora para o debate no ámbito provincial, xunto cos do resto de agrupacións, co fin de articular a candidatura definitiva por esta circunscrición.

Patricia Vilán non figuraba, en principio, na candidatura que desexa impulsar a provincial e na que aparecía á fronte, como número 1 o exvoceiro Abel Losada, aínda que si parece un nome "sen discusión" para o candidato á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, e a xestora que encabeza Piar Cancela.

Non en van, Vilán é dos poucos membros do Grupo Parlamentario Socialista actual que non se aliñou con José Luis Méndez Romeu, perdedor das primarias contra Leiceaga, e que defendeu a postura da dirección na revolta para intentar que fose o político coruñés que ocupase a praza de senador por designación autonómica que finalmente recaeu en Modesto Pose.

Na lista que, segundo as fontes consultadas por Europa Press, promovería a provincial e avalaría o alcalde de Vigo, Abel Caballero, si figuraba, de número 2 tras Losada, María Pierres. Nos postos tres e catro achábanse respectivamente Manuel González, de Caldas, María Giráldez, de Meis, e José Ángel Santoro, de Vigo.

A candidatura que finalmente avale a provincial de Pontevedra será ratificada finalmente este venres.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta