Temas: MúSICA

Un barítono galego especialista en boleros

O Auditorio Municipal de Ourense propón unha das primeiras citas musicais do mes de setembro co mundo dos boleros. Será da mán do barítono galego Borja Quiza, que o día 9 de setembro presentará na cicade o seu último espectáculo “Alma, corazón e vida”.

Por GC Tendencias | Ourense | 24/08/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

“Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciais para cantar ao amor. Tres elementos que inspiran a Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor por todos coñecidas, pero versionándoas para adaptalas á súa profunda interpretación musical.

Borja Quiza, barítono
Borja Quiza, barítono | Fonte: xunta.gal

O espectáculo comezará ás 21horas e as entradas (a un prezo de 6 euros) están á venda en www.ataquilla.com .

 

“Bésame mucho”, “Perfidia”, “Soñar contigo” ou “Piensa en mi” son algúns dos títulos que o barítono galego interpretará rodeado de 10 músicos para invocar ao amor que ao fin e ao cabo, é a enerxía que move ao mundo.

Nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, formou parte da coral Follas Novas, do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, e intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela.

Borja Quiza estará acompañado na súa actuación en Ourense polos músicos Javier Cedrón (violín), Adrián Lage (trompeta), Miguel González (Saxofón), Suso Iglesias (acordeón), Ruben Deschamps (guitarra), Fernando Briones (piano), Simón García (contrabaixo), Brais Villar (batería), Carlos Meléndrez (percusión latina), Borja Quiza.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta