Detidos tres varóns, un deles menor, pola subtracción dun vehículo en Ourense

Axentes da Policía Nacional detiveron tres varóns, un deles menor de idade, como presuntos autores dun roubo/furto de uso de vehículo en Ourense.

OURENSE | 25/08/2016 | Actualizada ás 16:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron tres varóns, un deles menor de idade, como presuntos autores dun roubo/furto de uso de vehículo en Ourense.

Segundo informou a Comisaría de Ourense, os feitos que motivaron a detención sucederon o pasado día 20 de xullo cando se recuperou un vehículo na N-120 sobre as 5,50 horas, despois de desaparecer do lugar onde inicialmente o estacionara o seu propietario sendo as 3,00 horas.

Coñecidos estes datos polo grupo de Investigación (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense e solicitar información sobre o sucedido, os axentes puxeron en marcha un operativo pola zona. Así, reuniron declaracións de testemuñas e, xunto co visionado de imaxes, concluíron a investigación coa detención dos presuntos autores do feito.

Os detidos son tres varóns, un deles menor de idade e os outros dous teñen 19 e 20 anos, ambos os dous naturais de Ourense. Ambos os dous carecen de antecedentes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta