Temas: LEICEAGA PSDEG

O PSdeG tenta recompoñer a unidade interna

Sectores enfrontados do PSdeG negocian rebaixar a tensión xurdida nos últimos días. Dirixentes afíns a Leiceaga e Caballero falaron nos últimos días para evitar o sucedido en Vigo a pasada fin de semana e tentar, en certo xeito, pechar filas en torno ao candidato.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 30/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As últimas polémicas xurdidas no PSdeG polo cambio de listas están en vías de enfriarse, ou polo menos, esa é a intención dos distintos sectores enfrontados. Non haberá unha claudicación de ningunha das súas partes, só un pactó tácito para rebaixar a tensión a menos dun mes dos comicios.

Leiceaga rodeado de Pilar Cancela, Patricia Vilán e Gonzalo Caballero, entre outros cargos socialistas
Leiceaga rodeado de Pilar Cancela, Patricia Vilán e Gonzalo Caballero, entre outros cargos socialistas | Fonte: EP

Nin o sector de Leiceaga, nin o dos baróns galegos enfrontados á nova dirección socialista está disposta a perdoar a afrenta do cambio das listas, pero tentarán evitar, na medida do posible as tensións internas para non minar as expectativas electorais do PSdeG.

Segundo as fontes consultadas por GC, dirixentes afíns a Leiceaga e Caballero tentan nos últimos días rebaixar a tensión xerada tras o acto que o líder socialista tivo en Vigo esta fin de semana. "Houbo conversas para evitar este tipo de situacións que non axudan en nada ao partido", apunta unha destas fontes.

Froito desas conversas e desa intención das dúas partes por evitar a escalada de tensión foi a presencia do cabeza de lista por Pontevedra e man dereita de Abel Caballero, Abel Losada, no acto que Leiceaga tivo en Santiago e no que tamén estivo Gonzalo Caballero, enfrontado co seu tío e principal motivo da disputa ente os dous sectores.

"Hai que tentar evitar os problemas porque isto non só lle afecta a Leiceaga, aféctalle a todo o partido. Logo se hai malos resultados ninguén poderá dicir que é culpa de Leiceaga, senón que hai outros actores dentro do partido que están fomentando as críticas internas e que axudan a algúns xornais a facerlle a campaña ao PP", destaca un dirixente próximo ao líder socialista.

Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo
Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo | Fonte: www.depo.es

"É certo que estamos dando un espectáculo pero as cousas hai que facelas ben. Nin se pode entregar o partido a Madrid, como se entregou, nin pode vir un 'niñato' de la Rioja, que nunca gañou unhas eleccións, a mangonear en Galicia o que quere", comenta outro dirixente enfrontado ao sector oficialista en alusión a César Luena, secretario de Organización do PSOE.

Evitar "espectáculos"

Con todo, e a pesar destas diferencias notables, desde os dous sectores chaman á cordura para evitar "espectáculos lamentables" que danan non só a imaxe de Leicega, senón do PSdeG.

Unha mala relación que tamén se tenta encarrilar en Ourense, aínda que aquí a situación é máis complicada polo enfrontamento directo entre Pachi Vázquez e Leiceaga. Sen embargo, tamén nesta provincia houbo conversas indirectas a un segundo nivel para tentar rebaixar a tensión e evitar "darlle munición aos populares".

Temas: LEICEAGA PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 serafin

De los barros de moreda, vazquez y cia. Llegan los lodos de caballero, pachi, y cia.

2 nostrus

O PSOE non é un mal partido, pero deberia acercarse mais aos partidos constitucionalistas que aos partidos que queren destruir o construido entre todos durante seculos. Xa sei que o PP e o PSOE son partidos moi distantes, pero é mais o que os une que o que os separa, pero para facerse co amor do electorado nacionalists son capaces de facer o ridiculo e poñer a careta de nacionalistas, co risco de que a careta remate convertindoselle en rostro. Eso é un dos males do nacionalismo que ca sua ponzoña é capaz de envenenar a distancia.

1 Gamela

Pois vano ter difícil... algúns levamos dez anos padecendo a xordeira selectiva de Abel Caballero e xa non temos esperanzas en ver cambio algún nas actitudes do Caudillo de Vigo! E moito menos agora que acadou a maioría ABSOLUTISTA !!! http://www.noticiasvigo.es/seccion/...

1 Kinocho

Eu como militante de base concordo con tigo totalmente, que o compañeiro Abel e un autentico impresentable so cree nos reinos de taifas.

2 Gamela

pois coméntallo a ver se atí che fai caso... dille que cando reciba correos na alcaldía pode empezar por dar siquera unha liña en resposta... supoño que non será moito pedir para quen presume de que vai ser alcalde de Vigo 20 anos máis...!