As exportacións galegas a China aumentaron case un 24% o pasado ano

Galicia exportou un total de 417 empresas e facturáronse máis de 220 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2016 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

O pasado ano exportaron a China un total de 417 empresas galegas e este ámbito rexistrou un incremento de case o 24 por cento, con máis de 220 millóns de euros. Así o confirmou o director xeral do Igape, Javier Aguilera, que se reuniu en Santiago cos integrantes dunha misión comercial inversa integrada por cinco importadores de China e Hong Kong, convidados polo Clúster Alimentario de Galicia a visitar empresas do sector alimentario e vitivinícola.

O alcalde de Yantián e vicepresidente del Partido Comunista de China, Wu Delin, na sede da patronal coruñesa.
O alcalde de Yantián e vicepresidente del Partido Comunista de China, Wu Delin, na sede da patronal coruñesa.

En concreto, estes importadores están a visitar empresas lácteas e de queixos, de viños, de peixe, de froitos secos e de produtos hortofrutícolas en xeral.

No encontro, os representantes chineses aproveitaron para facer unha presentación da Nova Ruta da Seda de que está a facer promoción o goberno deste país asiático. Pola súa banda, Aguilera destacou a importancia de impulsar iniciativas que permitan ao tecido empresarial galego aproveitar novas oportunidades de negocio en China e Hong Kong.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta