Temas: MúSICA

Lambchop, unha das bandas claves do rock dos 90, actuará en Galicia

Flotus, o seu último traballo editado en 2016, recibiu moi boas críticas por parte da prensa especializada.

Por GC Tendencias | Vigo | 12/01/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A banda de Nashville Lambchop, clave nas últimas décadas do rock americano, actuará en Vigo o próximo venres 20 de xaneiro. A actuación será no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo a partir das 21:30 horas. As entradas xa están a venda en Ataquilla dende só 15 euros máis gastos. 

Kurt Wagner  de Lambchop
Kurt Wagner de Lambchop

FLOTUS (For Love Often Turns Us Still) é o seu duodécimo álbum de estudio. O traballo foi incluído en numerosas listas do mellor do ano 2016, por exemplo nas eleaboradas por Mojo e The Guardian.

Con este traballo, o principal compositor do grupo, Kurt Wagner esperaba facer un disco que "puidesen escoitar os seus veciños, os seus amigos, e a súa muller " como unha versión que puidese escoitarse a través do fío musical do seu supermercado, ou desde o seu teléfono móbil. O disco supón un cambio de rexistro na sáu carreira, pois mestura influencias do R&B, o soul e mesmo o Hip Hop.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta