Temas: MúSICA

Milladoiro repasará os seus 35 anos de historia en Ourense

A máis famosa das bandas de folk galego actuará no Auditoro Municipal da Capital das Burgas.

Por GC Tendencias | Ourense | 13/01/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O concerto de Milladoiro será o próximo sábado 21 de xaneiro na sala de maior aforo de Ourense. As entradas xa saíron a venda dende só dez euros máis gastos. Pódense mercar en Ataquilla ou no propio Auditorio Municipal. Organizado polo Concello de Ourense, os músicos subiranse ao escenario a partir das 20:30 horas.

Milladoiro
Milladoiro | Fonte: PepedoCouto Wikipedia

Ceado no ano 1979. Milladoiro é recoñecido como o máis internacional dos grupos galegose un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para a música de raíz no país. Dos sete músicos da formación que botou a andar nos 70, 5 permanecen en activo na banda na actualidade.

O último traballo do grupo Milladoiro en Ortigueira gravado en xullo de 2014 en directo durante o famoso Festival do Mundo Celta de Ortigueira. O disco do selo Cormorán foi presentado o pasado verán.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta