As Anpas galegas piden a Educación unha normativa específica para o alumnado con enfermidades de longa duración

A Confederación de Anpas Galegas pedirá este xoves á Consellería de Educación, ante a Comisión Permanente do Consello Escolar, a creación dunha normativa específica que "garanta o dereito fundamental á educación" do alumnado con enfermidades ou lesións de longa duración.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 20:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Confederación de Anpas Galegas pedirá este xoves á Consellería de Educación, ante a Comisión Permanente do Consello Escolar, a creación dunha normativa específica que "garanta o dereito fundamental á educación" do alumnado con enfermidades ou lesións de longa duración.

A confederación denunciou a "ineficacia da lexislación actual", que "resulta completamente insuficiente, tal e como manifestan as familias que padecen esta situación". O protocolo aprobado pola Xunta para estes casos, indican, "non modificou a situación preexistente nin solucionou a precaria situación".

Este xoves, a Comisión Permanente do Consello Escolar escoitará ao representante da Confederación de Anpas e decidirá se a proposta de instar á consellería a convocar unha mesa para redactar un proxecto normativo é levada ao Pleno.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta