Outra volta sobre a bucina!

O Santiago Futsal empata 3-3 ante o Levante cun gol de Hugo Sánchez no último segundo, en inferioridade numérica e tras deter Chema Mella por dúas veces un dobre penalti. Os composteláns suman 26 puntos, once por riba do descenso.

Por gcdeportes | Compostela | 25/02/2017 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Santiago Futsal 3:
Chema Mella, Hugo Sánchez, Catela, Álex Diz e Dani Montes –cinco inicial- Pablo Mel, Pablo Tallón, Santi e Diego.
Levante UDDM 3: Yeray, Sena, Lucho, Pizarro e Emilio Buendía –cinco inicial- Cecilio, Márquez, Kiko, Jê, Tripodi e Helinho.
Goles: 1-0: Hugo Sánchez (minuto 20). 1-1: Lucho (23’): 1-2: Emilio Buendía (32’). 2-2: Álex Diz (37’). 2-3: Emilio Buendía (38’): 3-3: Hugo Sánchez (40’).
Árbitros: Gómez García e Moreno Durán. Expulsaron con dobre cartón a Antonio Diz e Catela no Santiago Futsal. Amarelas a Dani Montes e Chema Mella nos composteláns e a Tripodi e Márquez no Levante.
Incidencias: partido da 22ª xornada da LNFS disputado no Multiusos Fontes do Sar ante preto de 3.000 espectadores.

Unha vez máis, e xa van catro este curso. Santiago Futsal rescatou un punto imposíbel no último suspiro, nun dos finais aos que ten acostumados o club da loita aos seus seareiros. Últimos dez segundos e expulsión de Catela pola segunda amarela. Sexta falta e Jê lanza dende os dez metros. Detivo Chema Chema, pero os árbitros mandan repetir. Outro paradón do porteiro local evitou o 2-4 que tería sido definitivo. Oito segundos e saque dende o recanto para o Levante. Recuperación, contra en inferioridade de Dani Chino e remate do capi Hugo Sánchez para facer o 3-3. Incríbel Santiago Futsal!

Santiago quería os tres puntos para deixar case pechada a permanencia, e Levante loitaba por saír dos postos de descenso. Intensidade e agresividade nos primeiros momentos, con constantes interrupcións. Santiago dominaba a pelota e xeraba perigo buscando o gol, pero o meta Yeray foi decisivo rexeitando os disparos de lonxe de Catela e Pablo Mel. Os locais chegaron ás cinco faltas xa no minuto 11, por unha soa dos visitantes malia á súa agresividade en defensa. Chema Mella tamén interviu para evitar o gol ante Márquez e Pizarro. A falta dun segundo para o descanso, Hugo Sánchez sorprendeu a Yeray cun lanzamento dende dez metros. 1-0 para vestiarios.

Os visitantes saíron máis enchufados nun segundo tempo trepidante, e xa no minuto 22 o ex do Santiago Lucho fixo o 1-1. O empate non lles valía a ningún dos dous. Coa expulsión de Antonio Diz por dobre cartón, Levante aproveitou a superioridade numérica para adiantarse cun gol de Emilio Buendía. No minuto 37, con Álex Diz como porteiro-xogador, chegou o empate 2-2. Insistiron con xogo de cinco os locais a polos tres puntos, pero nunha perda de balón en campo rival, Emilio Buendía volveu adiantar 2-3 o Levante. Todo estaba perdido, menos cando está Santiago Futsal na pista. Dez últimos segundos de tolos: Chema Mella evita o cuarto no dobre penalti por dúas veces e Hugo Sánchez fai xustiza no último suspiro. Santiago Futsal suma xa 26 puntos, co descenso (empatados Levante e Burela) a once.

Os xogadores composteláns celebran un dos goles ao Levante.
Os xogadores composteláns celebran un dos goles ao Levante. | Fonte: @Santiago-Futsal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta