Ferido un operario nun accidente laboral en Bergondo (A Coruña)

Un traballador de 33 anos resultou ferido na mañá deste xoves ao sufrir un accidente laboral no termo municipal de Bergondo (A Coruña) cando traballaba á beira dun muro e o terreo cedeu.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 14:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un traballador de 33 anos resultou ferido na mañá deste xoves ao sufrir un accidente laboral no termo municipal de Bergondo (A Coruña) cando traballaba á beira dun muro e o terreo cedeu.

Segundo informou o 112 Galicia, o home esmagou o peito cun martelo cando sucederon os feitos no lugar en Silvoso, na parroquia de Ouces.

O CAE 112 Galicia recibiu a alerta do accidente ás 9,45 horas deste xoves e mobilizou a Urxencias Sanitarias, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

O home ferido foi trasladado por uns particulares a un centro sanitario, segundo concretou o servizo de emerxencias.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta