Temas: MONFORTE

Monforte revive a época medieval

Fin de semana grande para a capital da Ribeira Sacra que espera cifras récord de visitantes para a XV edición da súa Feira Medieval.

Por GC Tendencias | Monforte de Lemos | 14/04/2017 | Actualizada ás 22:53

Comparte esta noticia

Todo listo para que este sábado e domingo de remate da Semana Santa a cidade do Cabe sexa unha festa, unha festa medieval na que destaca un gran programa de actividades para todos os públicos e no que este ano se aposta máis aínda polos cativos cun “campamento infantil medieval”. Estará instalado dende a Porta da Alcazaba e pola rúa Falagueira e terá nove xogos diferentes para os máis pequenos. Por exemplo, haberá un torneo medieval, tiro con ballesta, zancos ou o xogo da ferradura.

Troula Medieval nas rúas de Monforte
Troula Medieval nas rúas de Monforte

A XV edición da Feira Medieval contará cun cento de postos. Desa cantidade, 30 están relacionadas co sector da alimentación. Haberá polbeiras, hostalaría diversa, cervexa artesá, carne á grella, filloas, churros e bolos preñados en forno de leña, entre outros. 

Por outra parte, vanse colocar 41 paradas de artesáns certificados coa súa correspondente carta de artesanía. Neste caso, os visitantes poderán atopar dende arte floral, coiro, téxtil, madeira de oliveira ou complementos. Haberá case outra trintena de postos dentro da especialidade de comercio, como bisutería, xabóns e cremas naturais.

Outros atractivos que cada ano espertan gran interese son os espectáculos de cetrería que terán lugar preto do cárcere vello, o espectáculo de lume con diaños, tragos e meigas na Praza España, e as “III Xustas Medievais”, torneo de loita medieval entre cabaleiros que se celebrará sábado e domingo ás 18.30 h. no campo de terra dos Padres Escolapios.

A produtora monfortina Amanita Films fixo por encargo o video promocional deste ano, traballo audiovisual que está tendo gran repercusión de visitas na rede. Nesta edición estarán tamén moi presentes no evento intentando captar os mellores momentos para preparar xa o vídeo resumo que servirá de reclamo para o vindeiro ano. 

Xustas Medievais
Xustas Medievais

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta