Nace unha asociación a prol dunha crianza con apego

A Rede Cria preséntase mañá en Vigo tras nacer nos obradoiros de lactancia dun centro de saúde.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/04/2017 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Nace a Asociación Rede CRIA, creada como una rede de apoio a unha "Crianza Respectuosa, Informada e con Apego". A presentación oficial terá lugar mañá venres día 28 de abril ás 18:00h na Casa Galega da Cultura en Vigo.

Nai e bebé nunha consulta do SERGAS
Nai e bebé nunha consulta do SERGAS | Fonte: crtvg.es

A esta presentación oficial están invitados os representantes de institucións públicas e os membros de asociacións profesionais e do ámbito da asociación así como os socios fundadores da mesma.

Rede CRIA  naceu nos obradoiros de lactacia dun centro de saúde. Os seus obxectivos son a promoción e difusión dunha crianza respetuosa e igualitaria, a creación dunha rede de apoio ás familias e a a reivindicación de que son necesarios profesionais que apoien esta crianza baseada no respecto ós cativos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta