Temas: SUBVENCIóNS

Cultura dá máis de medio millón aos medios en español por usar menos dun 8% en galego

La Voz de Galicia recibe case 150.000 euros. Unhas axudas que, en menor contía, reciben tamén os grupos El Progreso, La Región, La Capital (El Ideal Gallego) e Editorial Compostela ( El Correo Gallego). Ademais, todos os grandes medios, incluído Faro de Vigo e La Opinión, tamén reciben cartos para distribuír os seus xornais nos centros escolares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“Potenciar o uso do idioma galego” e “fomentar a lectura da prensa escrita”. Este son os nomes dos convenios a través dos cales a Xunta acaba de inxectar 549.000 euros aos grandes medios de comunicación, nunha nova remesa de axudas públicas por propaganda institucional.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

O DOG do 7 de xuño recollía os convenios de colaboración subscritos pola Consellaría de Cultura e Educación no primeiro cuadrimestre do ano 2017. Como noutras ocasións, La Voz de Galicia é o medio que máis subvencións recibe, máis da metade, case 300.000 euros para “potenciar o galego” e para “fomentar a lectura da prensa escrita”. 

Síguelle Faro de Vigo, que recibe case 70.000, e La Opinión (os dous do Grupo Prensa Ibérica) pero só para “fomentar a lectura da prensa escrita”. Despois están El Progreso e Diario de Pontevedra ( do Grupo El Progreso),  La Región e Atlántico Diario (do Grupo La Región) e Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, e El Ideal Gallego ( Grupo La Capital). Tamén chama a atención os convenios subscritos con Editorial Compostela (editora de El Correo Gallego), a pesar da súa delicada situación económica e da súa debeda cos traballadfores e coa Seguridade Social. En total, máis de 27.000 euros polos dous convenios.

Esta é a distribución:

 

 

 

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

26.1.2017

149.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

2.3.2017

25.179,44 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.

2.3.2017

10.123,69 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Opinión de A Coruña, S.L.

2.3.2017

9.085,37 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Región, S.A.

2.3.2017

22.064,46 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial La Capital, S.L., Diario de Ferrol.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial La Capital, S.L., Diario de Arousa.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial La Capital, S.L., El Ideal Gallego.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial Compostela, S.A.

2.3.2017

16.872,82 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

2.3.2017

69.048,78 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A.

2.3.2017

6.000,00 €

 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo, que edita esta entidade.

13.3.2017

28.868,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial La Capital, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa, que edita esta entidade.

27.3.2017

10.423,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Grupo La Región, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Región, que edita esta entidade.

27.3.2017

18.494,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Rías Baixas Comunicación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario, que edita esta entidade.

27.3.2017

4.149,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial Compostela, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Correo Gallego, que edita esta entidade.

27.3.2017

13.575,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Corporación Voz de Galicia, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia e da emisora de radio Radio Voz.

11.4.2017

148.850,00 €

 

 

 

 

 

 

Convenios de colaboración para comprar xornais para os centros educativos

O convenio de “fomento da lectura en prensa escrita” non é máis que un suterfuxio que utiliza a Xunta para pagarlle aos grandes medios por “colocar” un gran número de xornais nos centros escolares. Deste xeito, os grandes medios poden xustificar certa difusión na Enquisa Xeral de Medios. “Isto presuntamente semella un contrato de compraventa malamente disfrazado de "fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes", denuncia a CIG-Autonómica. E o certo é que o custe total disto é 325.374,56 euros.

“Potenciar o galego”

Máis complicado se fai xustificar as axudas en galego para medios escritos en castelán. Especialmente, se se lles esixe que cedan á lingua propia un 8% do seu espazo total, que en moitas ocasión non se cumpre, xa que algúns deles nin superan o 5%. Espazos que, xeralmente, son os mesmos en todos os medios: cultura e opinión, principalmente. Algúns medios, como é o caso de La Voz, xustifican o uso do galego utilizando algunha declaración dalgunha persoa en galego nunha noticia que está en español.

Independentemente destas axudas de Cultura, a Xunta tamén outorga axudas específicas polo uso do galego. Así, publicou o último día hábil do pasado ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega, que sumou 201.000 euros nos que usan exclusivamente o galego, fronte aos 1,6 millóns dos que o fan en español. Esta diferencia de importe prodúcese malia que en teoría as dúas liñas de subvención comparten un fin: apoiar a difusión de noticias en galego.

A convocatoria de axudas para medios en galego crea unha serie de barreiras pola que na práctica case toda a prensa dixital e emisoras de Radio e TV en galego queda excluída. A diferencia é que só se conceden a medios con edicións en papel. Resultado: a prensa dixital en galego suma pouco máis 3.400 euros de axudas. 

Pola contra, a prensa en español supera amplamente o millón de euros por, supostamente, escribir en galego. E esas axudas son á marxe doutras axudas millonarias que perciben en base a distintos convenios co goberno galego durante todo o ano.

“O caso é ter contentos aos medios de sempre, aos que chegan a maior parte da poboación, non vaia ser que publiquen críticas como por exemplo gastar máis de medio millón de euros en convenios como estes e logo andar dicindo que non hai cartos e que hai que recortar en sanidade, servizos sociais ou educación”, engade este sindicato.

Temas: SUBVENCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta