Temas: VIñO

O Godello, protagonista do cartel da Feira do Viño de Valdeorras

A XX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará no Barco os vindeiros 15 e 16 de xullo, xa ten cartel ilustrador.

Por GC Tendencias | Vilamartín de Valdeorras | 20/06/2017 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Un xurado conformado por diferentes profesionais e presidido pola secretaria xerente do Consello Regulador, Alda Pérez, foi o encargado de elixir a proposta gañadora, da que é autor Víctor Miranda, de 39 anos e natural do Barco de Valdeorras.

Cartel da Feira do Viño 2017
Cartel da Feira do Viño 2017

A idea gráfica do cartel seleccionado outorga total protagonismo ao godello. Así, una copa medio chea de viño branco sobresae de entre unha botella silueteada sobre fondo negro. O autor da proposta gañadora, que traballa  no ámbito do marketing e da publicidade, recibirá un premio de 600 euros. Un total de 50 traballos diferentes presentáronse ao concurso, unha cifra moi superior á de anos anteriores.

Xunto á secretaria xerente do Consello Regulador, conformaron o xurado a xornalista María Fernández, de Onda Cero Valdeorras; o tamén xornalista e responsable de comunicación do Consello Regulador, Felipe Vieira; o profesor Gabino Fariñas e un representante da cabeceira O Sil. 

Membros do xurado
Membros do xurado
Temas: VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta