Temas: LUGO MúSICA

O polbo á pandeireta anunciará este ano o San Froilán

Danse a coñecer os deseños gañadores dos certames convocados polo Concello de Lugo, tanto do San Froilán como do San Froilán Miúdo,

Por GC Tendencias | Lugo | 21/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este martes o cartel anunciador do San Froilán 2017, que baixo o nome Polbo á pandeireta representa o polbo, a noria e a música tradicional, "polo tanto é un reflexo importante do San Froilán".  Pola súa banda, o deseño da San Froilán Miúdo, será Estrella del cielo, que reúne os elementos máis emblemáticos da cidade e o máis característicos destas festas.

O polbo á pandeireta, cartel anunciador do San Froilán
O polbo á pandeireta, cartel anunciador do San Froilán

Trátase de dúas obras elaboradas por dúas mulleres luguesas, a cativa Zintia Fernández Villanueva e Erica Pereiro Silvosa. Os deseños do San Froilán Miúdo foron seleccionados por un xurado profesional composto polo profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro Rodríguez, o fotógrafo José Reigosa Piñeiroa e o deseñador Miguel Fernández Vázquez. 

No que se refire ao cartel do San Froilán, celebrouse un concurso nas redes sociais e entre os 10 que máis votos obtiveron dito xurado elixiu ao gañador.

O fallo produciuse este martes no Salon de Comisións, onde se xuntaron os 64 traballos presentados polos máis cativos, 20 máis que a pasada edición, e os 10 finalistas dos adultos, entre os máis de 160 presentados, o dobre que o pasado ano. A gañadora, no caso dos adultos, recibirá un premio económico de 2.000 euros, e a cativa n premio adaptado á súa idade, valorado en 300 euros.

A edil amosou a súa satisfacción pola alta participación nestes dous certames que buscaban a imaxe oficial destes festexos que terán lugar do 4 ao 12 de outubro,  e que na pasada edición deixaron en Lugo 12 millóns de euros e unha ocupación hoteleira que colgou o cartel de completo na fin de semana. 

Temas: LUGO MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta