Olga Brañas e Leandro Lamas colaboran para introducir aos cativos no universo musical

A autora Olga Brañas publica un novo traballo musical pensado para os máis cativos. Leva o nome de "Pitusa Semifusa e os estilos musicais", segunda parte do exitoso "Petiua Semifusa". A obra obra busca introducir diversos estilos (blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop) aos rapaces.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 21/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Pitusa Semifusa e os estilos musicais concerto-presentación do novo traballo de Olga Brañas

Ilustración de Pitusa Semifusa
Ilustración de Pitusa Semifusa | Fonte: Leandro Lamas Galaxia

Mañá mércores, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, ás 19.30h, concerto e estrea de Pitusa Semifusa e os estilos musicais o novo traballo de Olga Brañas e a segunda incursión na música infantil.

Canda Olga Brañas participan no libro algúns dos mellores músicos do país: Sérgio Tannus, Pedro Pascual, Clara Pino, Sonia Lebedynski, Ana Pérez Varela, Brais Morán, Andrea Picos, Ana Dosouto, Marta Bravo, Carliños Freire, Pablo Vidal, Aser Álvarez, Pablo Dalama, Javi Gdjazz, Jose Luis Miranda, Xosé Ramón Vázquez, Ramón Figueira, Quim Farinha, Pablo Pascual, Arturo Rúa,  Narci Rodríguez. As ilustracións tamén son un luxo, obra de Leandro Lamas, o máis destacado dos ilustradores galegos contemporáneos.

O concerto de presentación terá lugar mañá no Salón Teatro, ás 19.30h, en Santiago. Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano.No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ foi a súa primeira incursión na música infantil, agora respaldada por este segundo traballo.

Pitusa Semifusa en concerto
Pitusa Semifusa en concerto | Fonte: facebook
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta