SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 20:19 por EUROPA PRESS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística informa de que os días 26 de xuño e 6 de xullo finalizan os prazos fixados nas dúas convocatorias de prazas de profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas.
En concreto, renovará 10 dos 27 lectorados cos que contan os 35 centros de estudos galegos que integran a Rede de Estudos de Centros Galegos da Xunta.
Así, o luns finaliza o prazo de presentación de solicitudes da primeira das convocatorias (ED110B) publicadas por medio do Diario Oficial de Galicia (DOG) para a cobertura das prazas dos centros universitarios de Barcelona, Cork (Irlanda), Deusto (España), Heidelberg (Alemaña) e Miño (Portugal).
O xoves 6 de xullo será o último día de presentación de solicitudes para a segunda (ED110B) na que foron convocadas aos do Algarve (Portugal), Estremadura, Granada, Madrid e Padua (Italia).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.