A Fundación María José Jove acolle a presentación do libro de María Corbacho sobre consellos para levar unha vida sá

A Fundación María José Jove acollerá o vindeiro martes 27 de xuño a presentación do libro de María Corbacho sobre consellos e trucos para levar unha vida sá.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2017 | Actualizada ás 06:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fundación María José Jove acollerá o vindeiro martes 27 de xuño a presentación do libro de María Corbacho sobre consellos e trucos para levar unha vida sá.

Ademais, segundo inforAmou a fundación, o luns ás 16,00 horas péchase o prazo de inscrición para poder asistir a esta actividade, na que Corbacho repasará a súa experiencia vital desde a obesidade ata unha vida saudable.

Paralelamente, a Fundación María José Jove organiza un taller de cociña para nenos de entre 4 e 8 anos impartido polo chef Suso Hevia, no que os máis pequenos poderán aprender a elaborar "pizza ao estilo chefitines e gofres saudables".

Esta actividade está pensada para que os nenos que acudan cos seus pais á presentación poidan gozar cun taller dirixido a eles.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta