Por GC Tendencias | A Coruña | 27/06/2017 | Actualizada ás 18:09
Alfonso Blanco, “alma mater” e un dos membros máis antigos da Asociación Xermolos, foi o encargado de presentar o festival ante os medios. Estivo acompañado de Davide Salvado, un dos artistas que participará na edición deste ano e Víctor Mantiñán, Product Manager de SON Estrella Galicia e 1906, que de novo aposta por un festival único, con selo 100% galego pero vocación internacional.
O festival “non só é música”, como explicou Alfonso Blanco, da Asociación Xermolos. Aínda que a “música é o prato principal” ao longo dunha fin de semana en Guitiriz danse cita grupos tradicionais, artesáns e unha importante e exposición de instrumentos tradicionais. Ao longo dos anos por este recinto pasaron máis de 150 artesáns.
Víctor Mantiñán fixo fincapé na idea de que dende Estrella Galicia quérese apoiar a música tradicional e poucos festivais proxectan a cultura e a música galega como o fai Pardiñas. Un festival que “pode presumir de levar 38 anos”.
O encargado de pechar o acto foi Davide Salvado, que actuará o domingo 6 de agosto: “sempre reservo as datas de Pardiñas para gozar porque me aporta moitas cousas e tamén persoais, e este ano ademais, vou actuar”.
O sábado 5 actuarán Fernando Meireles (Portugal), Bloquinho de Xermolos (Galicia), Os Melidaos (Galicia), Quique Escamilla (México), Kalakan& Luis Peixoto (Euskadi/Portugal), Cúig (Irlanda) e Skandalo Gz (Galicia).
Para o domingo 6: Abóbriga (Galicia), Davide Salgado (Galicia), Yves Lambert Trío (Canada) e Sacha na Horta (Galicia).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.